Décimo Magno Ausonio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 12:
 
=== Mestre de [[Graciano]] e cónsul ===
Ausonio era considerado como un dos homes máis doctos da súa época, de xeito que o emperador [[Valentiniano I]] o chamou a [[Tréveris]] como preceptor do seu fillo [[Graciano]]. No ano [[368]] tomou parte na campaña militar contra os [[Alamanos|alamáns]], na que obtivo como botín unha moza [[Suevos|sueva]] chamada Bissula, a que logo dedicaría obra poética. No 369, coñeceu a [[Quinto Aurelio Símaco]], con quen mantivo a amizade e conseguiron beneficios mutuos.<ref name=":0">Trout, Dennis E. (1999). ''Paulinus of Nola: Life, Letters, and Poems'', p. 33 (en inglés). Berkeley/Londres: University of California Press. ISBN 9780520922327</ref>
 
Como recoñecemento a seu mestre, Graciano outorgoulle os máis altos títulos e as maiores honras, pasou de cuestor a pretor, primeiro na Galia e posteriormente de toda a Galia, Italia e África<ref name=":0" />; e de feito no ano [[379]] Ausonio foi [[Cónsul romano|cónsul]] xunto con [[Quinto Clodio Hermoxeniano Olibrio]].
 
=== Regreso a Burdigala ===