Valentiniano II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 1:
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Solidus Valentinian II trier RIC 090a.jpg|miniatura|260px|Soldo coa imaxe de Valentiniano II]]'''Flavius Valentinianus''', ([[Aquincum]] na [[PanoniaPannonia|Panonia Inferior]], [[371]] - [[Vienne, Isère|Vienne]], [[Galia]], [[392]]) foi un [[Lista de emperadores romanos|emperador romano]], fillo do tamén emperador Valentiniano II e da súa segunda esposa [[Xustina]]. Foi emperador dende o ano [[375]] ata o [[392]].
 
== A Xuventude ==
 
Tras a morte de [[Valentiniano I]] no [[375]], as lexións nomean o seu fillo Valentiniano como emperador, tendo por aquel entón só catro anos. Pero o ''augustus'' elixido dende o ano [[367]] era [[Graciano]], o seu irmán maior, e que contaba por aquel entón 16 anos. Este acepta este feito e cédelle as provincias de [[Illiricum]], [[Italia]] e [[África]], aínda que as gobernaría como rexente deica a maioría de idade de Valentiniano. O [[Imperio Bizantino|Imperio de Oriente]] continuaba en mans do seu tío [[Valente]], irmán de Valentiniano I.
 
Valentiniano I estableceuse en [[Milán]], xunto coa súa nai Xustina, que era quen levaba os asuntos do seu fillo. Esta era [[arianismo|ariana]], e o bispo de Milán [[Ambrosio]] estaba firmemente decidido a rematar con tódalas correntes da igrexa fóra da liña establecida. A fama de Ambrosio viña dende a morte do bispo de Milán, o ariano [[Auxencio]], no [[374]]. Ambrosio defendeu de tal xeito o catolicismo, que en oito días foi bautizado, ordenado sacerdote e nomeado bispo da cidade. Cando Xustina tentou nomear de novo un bispo ariano, Ambrosio pechouse na basílica e as tropas romanas non foron quen de violar a igrexa, tendo a titora que deixar para outra ocasión mais feble a súa política eclesiástica.
Liña 10:
Mentres tanto, a presión dos [[hunos]] levou os [[visigodos]] a invadir o Imperio Oriental, e Valente veuse obrigado a firmar unha paz rápida cos persas para se enfrontar contra esta nova invasión. Mediante unha estrataxema, os visigodos vencen a Valente en [[Adrianópolis]], e este morre na batalla. Agora Graciano queda coma emperador, pero véndose incapaz de afrontar a situación, chama a [[Teodosio I|Teodosio]] o hispano, para que se encargue do goberno de Oriente. Era o ano [[379]], e Valentiniano II só contaba con oito anos de idade.
 
No ano [[382]], Graciano e Teodosio conxuntamente aceptan o cristianismo coma relixión oficial do Imperio. Apágase para sempre o lume eterno en Roma, que viña ardendo dende había séculos, tamén quitou o altar pagán da Vitoria, que estaba no Senado Romano, a pesar de se ter que enfrontar co derradeiro intelectual pagán do imperio romano, [[Quinto Aurelio Símaco (cónsul 446)|Quinto Aurelio Símaco]], sendo este desterrado de Roma, aínda que máis tarde se lle deixou volver á cidade. Graciano entón adicouse á boa vida, descoidando os labores do goberno, e perdendo popularidade entre o exército. Non tardaron en saír candidatos ao seu posto, e as lexións nomearon a [[Magno Máximo|Magno Clemente Máximo]] coma augusto no [[383]]. O enfrontamento entre os dous foi inevitábel e Graciano perdeu a vida no intento, quedando Máximo como emperador. Axiña apresurouse a recoñecer a Valentiniano II, xa que esta fora a condición imposta por Teodosio, o emperador de Oriente, para o seu propio recoñecemento.
 
Pero as cousas mudan e no ano [[387]] [[Magno Máximo]] invade a zona dos Alpes e ameaza a Milán, razón pola cal Valentiniano I e maila súa nai foxen a carón de Teodosio. No [[388]] Teodosio invade o Imperio Occidental, unha vez resoltos os seus propios problemas cos persas. Enfrontase a Máximo na Galia e mándao asasinar, restablecendo a Valentiniano II coma emperador de Occidente.