Marco Emilio Paulo (cónsul 255 a. C.): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Marco Emilio Paulo''' (en [[Lingua latina|latín]], Marcus Aemilius M. f. ''L. n. Paullus'') fillo do [[Cónsul romano|cónsul]] Marco Emilio Paulo, foi cónsul no ano [[-255|255]] [[Antes de Cristo|a. C]]., con [[Servio Fulvio Petino Nobilior]], a mediados da [[primeira guerra púnica]].
 
No comezo deste ano Marco Atilio Régulo fora derrotado en [[África]] polos [[Cartago|cartaxineses]], e os restos do seu exército estaban cercados en ''Clypea'' (Aspis). Axiña que o [[Senado romano|Senado]] oíu falar deste desastre, enviou aos dous cónsules cunha frota de polo menos tres centenares de barcos, para rescatar aos superviventes. Despois de deixar Cossura, os romanos atopáronse coa frota cartaxinesa, preto do promontorio de ''Hermaean'', e obtiveron unha vitoria brillante. As perdas dos cartaxineses foron moi grandes, aínda que o seu número difire segundo as fontes, e están evidentemente corruptas en [[Polibio]].
 
Despois desta vitoria, os cónsules chegaron a Clypea, pero non permaneceron moito tempo en África por mor da completa falta de provisións. Preto do [[solsticio de verán]], no mes de xullo, cando os romanos regresaban a casa, os pilotos advertíronlles evitar a costa sur de [[Sicilia]], debido a que os ventos violentos do sur e suroeste da costa fan moi perigosa a navegación nesa época do ano. Os cónsules, con todo, fixeron caso omiso da advertencia, e augas fóra de Camarina foron sorprendidos por unha terrible tormenta, que destruíu case toda a frota, e esparexeu pola costa dende Camarina até cabo ''Pachynus'' con restos de naufraxios e cadáveres. Ambos os cónsules, con todo, escaparon, e celebraron un triunfo como procónsules no ano seguinte.<ref>[[Polibio|Polib.]] I. 36, 37; [[Eutropio|Eutrop.]] ii. 22; [[Orosio|Oros.]] IV. 9; [[Diodoro|Diod.]] XXIII. 14; [[Zonaras|Zonar.]] VIII. 14</ref>
 
== Notas ==
Liña 10:
 
{{Start box}}
{{Succession box|período=[[255 a.C]]|predecesor=[[Lucio Manlio Vulsón Longo]], e</br> [[Marco Atilio Régulo]]|sucesor=[[Cneo Cornelio Escipión Asina]] e</br> [[Aulo Atilio Calatino]]|título=Cónsul da República Romana</br>xunto con [[Servio Fulvio Petino Nobilior]]}}{{End box}}
 
[[Categoría:Cónsules romanos]]