Celeste Caeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Sfs90 (conversa | contribucións)
Liña 5:
== Traxectoria ==
 
De mai [[Pobo galego|galega]], Celeste é a máis nova dos tres fillos de Teodora de Viana Martins Caeiro e case non coñeceu o [[pai]], que os abandonou.<ref>{{cita web|url=https://noticias.r7.com/internacional/conheca-celeste-caeiro-mulher-que-com-cravos-deu-nome-a-revolucao-em-portugal-25042014|título=Conheça Celeste Caeiro, mulher que com cravos deu nome à Revolução em Portugal - Notícias - R7 Internacional|data-acceso=3 de agosto de 2018|obra=noticias.r7.com|lingua=pt-br}}</ref><ref name=":2">{{Cita novas|autor=Veiga, Marta|data=27 de abril de 2018|xornal=[[Diario de Pontevedra]]|título=Celeste dos cravos|url=https://www.diariodepontevedra.es/blog/marta-veiga-nube-toxica/celeste-dos-cravos/20180427151758977801.html|lingua=gl|data-acceso=3 de agosto de 2018}}</ref> En 1974 Celeste Caeiro tiña 40 anos e vivía nun cuarto que alugara no [[Barrio do Chiado|Chiado]]. Traballaba no gardarroupa<ref name=":2" /> dun [[restaurante]] chamado SifireSir<ref>[https://www.timeout.pt/lisboa/pt/noticias/o-edificio-franjinhas-vai-ficar-de-cara-lavada-032120 O edifício Franjinhas vai ficar de cara lavada]</ref><ref name=":0">{{Cita web|url=http://www.laregion.es/articulo/sociedad/celeste-caeiro-mujer-bautizo-revolucion-lusa/20140425090349460560.html|páxina-web=|título=Celeste Caeiro, la mujer que “bautizó" la revolución lusa|data-acceso=3 de agosto de 2018|lingua=es|xornal=[[La Región]]}}</ref> na Rua Braancamp en [[Lisboa]]. O restaurante, inaugurado o [[25 de abril]] de [[1973]], facía un ano dende a apertura ese día e a xerencia planeaba agasallar con [[flor]]es as clientas e cun [[Viño do Porto|porto]] os clientes.<ref name=":2" /> Porén, como estaba a acontecer o golpe de estado, o restaurante non abriu.<ref name=":1">{{Cita web|url=https://www.youtube.com/watch?v=PV4l8XlYcNA|data=23 de abril de 2014|páxina-web=canal da camara de Lisboa|título=Celeste dos Cravos|data-acceso=3 de agosto de 2018|lingua=pt}}</ref> O xerente díxolle ao seu persoal que volvese para a casa e deulles os [[Caraveleira|caraveis]] para levar, xa que non ían poder ser distribuídos entre as clientes. Cadaquén levou do almacén un [[feixe]] de caraveis vermellos e brancos.<ref name="Avante" /><ref name=":1" /><ref>{{Cita novas|páxina-web=RTP, Rádio e Televisão de Portugal|título=Os cravos vermelhos, símbolos de Abril|url=https://www.rtp.pt/noticias/estorias/os-cravos-vermelhos-simbolos-de-abril_n731000|lingua=pt|data-acceso=3 de agosto de 2018}}</ref>[[Ficheiro:Coruche mural 25 Abril.jpg|miniatura|Mural do 25 Abril |alt=|esquerda]]Cando volvía para a casa, Celeste colleu o metro para o [[Barrio do Rossio|Rossio]] e dirixiuse ao [[Chiado]], onde se atopou inmediatamente cos [[Carro de combate|tanques]] dos revolucionarios. Achegouse a un dos tanques, preguntou o que pasaba e un [[soldado]] respondeulle "''Nós imos cara o Carmo para deter o Marcelo Caetano. Isto é unha revolución!''". O soldado pediulle a maiores un [[cigarro]],<ref name=":1" /> pero Celeste non tiña ningún. Celeste quería comprarlles algunha cousa para comer, pero as tendas estaban todas fechadas. Así que lle deu a única cousa que tiña para dar: caraveis, dicindo: "''Se quere tome, un caravel ofréceselle a calquera persoa''", e deulle un caravel vermello.<ref name=":0" /> O soldado aceptou o caravel, e puxo a flor no cano do fusil. Celeste foi dando caraveis ós soldados que ía encontrando, dende o [[Chiado]] ata o pé da Igrexa dos Mártires.<ref name="Avante" /><ref>{{Cita novas|data=25 de abril de 2013|título=▶ Vídeo: A mulher que fez do cravo o símbolo da revolução|url=https://www.jn.pt/live/atualidade/interior/a-mulher-que-fez-do-cravo-o-simbolo-da-revolucao--3182322.html?id=3182322|xornal=JN|lingua=pt|data-acceso=3 de agosto de 2018}}</ref>
Logo deste xesto seu, Celeste foi chamada ''Celeste dos cravos''.<ref>{{Cita web|título=Celeste Caeiro, a mulher que deu nome à revolução em Portugal|url=http://internacional.estadao.com.br/blogs/radar-global/celeste-caeiro-a-mulher-que-deu-nome-a-revolucao-em-portugal/|páxina-web=Radar Global|lingua=pt-br|data=25 de abril de 2014|data-acceso=3 de agosto de 2018}}</ref> No ano [[1999]], a poeta [[Rosa Guerreiro Dias]] dedicoulle o poema ''Celeste em Flor''.<ref>{{cita web|url=http://vamosfalardeabril.blogspot.com.es/2014/03/celeste-em-flor-nos-canteiros-da.html|título=Vamos Falar de Abril: Celeste em flor nos canteiros da Mouradia|data=17 de marzo de 2014|data-acceso=3 de agosto de 2018|páxina-web=Vamos Falar de Abril}}</ref>