Diferenzas entre revisións de «Permafrost»

sen resumo de edición
 
[[Ficheiro:Circum-Arctic Map of Permafrost and Ground Ice Conditions.png|miniatura|dereita|220px|Mapa que amosa a extensión do permafrost no mundo.]]
En [[xeoloxía]], denomínase '''permafrost''' ou '''permaxeo'''<ref>[http://www.realiter.net/wp-content/uploads/2013/06/pan-climat.pdf ''Léxico panlatino do cambio climático'' Realiter, ]</ref> á capa permanentemente [[Xeo|conxelada]] nos niveis superficiais do chan das rexións moi frías oou [[periglacial|periglaciais]] como é a [[tundra]]. Pode encontrarse en áreas circumpolares do [[Canadá]], [[Alasca]] e norte de [[Europa]] entre outras, así como na zona de moi alta montaña.
 
A importancia do permafrost no secuestro de [[Gas de efecto invernadoiro|gases de efecto invernadoiro]] -como [[dióxido de carbono]] ou [[metano]] que se liberarían pola descomposición de plantas mortas- e a súa liberación polo aumento de temperaturas é considerado un [[Cambio climático|problema climático]].<ref>{{Cita web|título=Cartografiando el permafrost ártico|url=http://www.esa.int/Space_in_Member_States/Spain/Cartografiando_el_permafrost_artico|páxina-web=www.esa.int|data-acceso=2020-03-04|lingua=es}}</ref>
 
== Etimoloxía ==
A etimoloxía de ''permafrost'' vén do inglés (perma- de ''permanent'' =permanente e ''frost''= xeado), a palabra foi acuñada en [[1943]] por [[S. W. Muller]].
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
1.638

edicións