Pterelao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 1:
{{en uso}}
 
Na [[mitoloxía grega]], '''Pterelao''' era fillo de [[Tafio]] <ref>Tafio fundou a cidade de Tafos e chamou ós seus habitantes, teléboas.</ref> e neto de [[Poseidón]] e [[Hipótoe]] (polo tanto, descendente de [[Perseo]], avó de Hipótoe). Segundo outras tradicións, era fillo de Poseidón e Hipótoe, e Tafio sería fillo seu. O seu avó Poseidón concedéralle o don da [[inmortalidade]], sempre que conservara unha guedella de pelo de ouro que puxo na súa cabeleira; segundo [[Pseudo-Apolodoro]], toda a súa cabeleira era de ouro <ref>''Biblioteca mitológica'' II, 4, 5.</ref>.
 
Un día, os fillos de Pterelao presentáronse ante [[Electrión]], rei de [[Micenas]] para reclamar o reino, do que se consideraban herdeiros por liña do seu bisavó, [[Méstor]], irmán de Electrión. Este negouse e entón aqueles decidiron roubar os rabaños do rei. Os fillos de Electrión <ref>Tiña nove fillos lexítimos, máis [[Alcmena]] e un fillo bastardo, Licimnio.</ref> saíron en defensa do gando e, no enfrontamento, matáronse uns ós outros, sobrevivindo tan só [[Licimnio]] e [[Everes]] (este, un dos sete fillos de Pterelao).
Liña 9:
Electrión ordenou vingar a morte dos seus fillos e foi [[Anfitrión]], sobriño e xenro seu, que organizou a expedición contra [[Tafos]] <ref>A lenda conta que Alcmena fixera a promesa de casar a quen vingase a morte dos seus irmáns, ou ben que, aínda que xa fora entregada a Anfitrión, xurara non xacer con el ata que os seus irmáns fosen vingados.</ref>. Pero o oráculo augurara que Tafos, a patria de Pterelao, nunca sería conquistada mentres vivise Pterelao.
 
O problema foi que a filla deste, [[Cometo]], namorouse de Anfitrión e, para demostrarlle o seu amor, cortoulle a guedella de ouro ó pai, provocando así a súa morte, a caída da cidade e a súa propia ruína, pois Anfitrion matouna por parricida <ref>O mito lembra o de [[Niso (fillo de Pandión II)|Niso]], rei de Mégara, a quen a súa filla [[Escila (filla de Niso)|Escila]] cortoulle o guecho de pelo vermello que o facía invencible, por amor a [[Minos]], rei de Creta.</ref>.
 
{{cita|"''Mentres viviu Pterelao'' [Anfitrión] ''non puido tomar Tafos, pero cando a filla de Pterelao, Cometo, namorada de Anfitrión, arrincou da cabeza do pai a cabeleira dourada, Pterelao morreu e Anfitrión logrou someter todas as illas; logo Anfitrión matou a Cometo e navegou rumbo a Atenas co botín''".|(Pseudo-Apolodoro II, 4, 7)}}
 
Parte do botín capturado por Anfitrión a Pterelao foi un amplo escudo de bronce, sobre o que dormían [[Heracles]] e o seu irmán [[Ificles]], aínda meniños, no episodio no que o primeiro mata ás dúas serpes que [[Hera]] enviou para acabar con el <ref>Graves, px. 493. Nesta ocasión, Hera actuaba movida polos celos contra Heracles, como fillo bastardo de Zeus.</ref>.
 
== Notas ==
Liña 19 ⟶ 21:
 
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Los mitos griegos |nome= Robert |apelidos= Graves |ano= 2019 |editorial= Gredos |isbn= 9788424999940|ref=harv}} {{es}}
* {{Cita libro |título= Diccionario de mitología griega y romana |nome= Pierre |apelidos= Grimal |ano= 1981 |editorial= Paidós |isbn= 9788449324574|ref=harv}} {{es}}
* {{Cita libro |título= Biblioteca mitológica |nome= |apelidos= Pseudo-Apolodoro |ano= 2016 |editorial= Alianza Editorial |isbn= 9788491044277|ref=harv}} {{es}}