Alcmena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Antecedentes ==
Electrión casara con Anaxo, filla de [[Alceo (mitoloxía)|Alceo]] <ref>Alceo, xa que logo, é o avó de Heracles, e de aí o sobrenome de ''Alcides'' que tiña este. Foi en [[Oráculo de Delfos|Delfos]], onde fora consultar o oráculo tras asasinar ós fillos, onde a pitia bautizoulle como Heracles (Pseudo-Apolodoro, II, 4, 12).</ref>, e enxendrou dez fillos, entre eles Alcmena <ref>[[Eurípides]] (''Heraclidas'') di que Alcmena foi filla de Lisícide ou Eurídice, filla de [[Pélope]].</ref>. Un día presentáronse ante el os fillos de [[Pterelao]] e reclamaron o reino. Electrión negouse e houbo un enfrontamento no que morreron tanto os fillos de Electrión (salvo [[Licimnio]], fillo bastardo) como os fillos de Pterelao (salvo [[Everes]]). O exército deste logrou fuxir co botín de guerra, que foi recuperado por Anfitrión pero cando este estaba arrecadando o gando roubado, unha vaca intentou escapar e Anfitrión tiroulle unha maza, coa mala sorte que rebotou nun corno e foi dar na cabeza de Electrión, matándoo. Anfitrión foi exiliado de [[Argos, Grecia|Argos]] e marchou con Alcmena e Licimnio a Tebas. E como Alcmena fixera a promesa de casar a quen vingase a morte dos seus irmáns <ref>Tamén se di que Alcmena, aínda que xa fora entregada a Anfitrión, xurara non xacer con el ata que os seus irmáns fosen vingados.</ref>, Anfitrión comprometeuse a facelo e organizou unha expedición contra aqueles. Finalmente, Pterelao morreu e Anfitrión logrou conquistar os seus territorios, regresando vitorioso a Tebas.
 
==Nacemento de Heracles==