Símaco, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: (emperador)
Sen resumo de edición
Liña 44:
== Traxectoria ==
 
Fillo dun tal Fortunato, foi [[Arcediago|arquidiácono]] durante o pontificado de [[Anastasio II, papa|Anastasio II]], ao que sucedeu no pontificado ao ser elixido por unha parte do clero romano.
 
O mesmo día da súa elección, o 22 de novembro de 498, unha facción disidente do clero romano apoiada polo emperador bizantino [[Anastasio I (emperador)|Anastasio I]], encabezada polo senador Festo, procedeu á elección do arcipreste de [[Basílica de Santa Práxedes|Santa Práxedes]], [[Lourenzo, antipapa|Lourenzo]], como [[antipapa]].
 
Ante a existencia de dous pontífices, o rei [[Ostrogodos|ostrogodo]] [[Teodorico o Grande]], intentou acabar co nacente cisma apoiando a Símaco. Finalmente, este convocou un concilio o [[1 de marzo]] de [[499]], no que Lourenzo, tras aceptar a lexitimidade do seu rival como pontífice, foi nomeado bispo de [[Nocera]]. Neste sínodo decretouse que todo clérigocrego que, durante o pontificado dun papa, intrigase para elixir o seu futuro sucesor, sería excomungado.
 
Porén, o cisma reiniciouse en [[501]], cando o senador Festo acusou a Símaco de diversos crimes e convenceu a Lourenzo para que regresase a Roma. O Papa negouse a comparecer perante o rei para responder as acusacións alegando que ningún poder temporal tiña xurisdición sobre el.
Liña 54:
O [[23 de outubro]] de [[502]] convocouse un novo [[sínodo]], coñecido como ''[[Synodus Palmaris]]'', que decretou que ningunha corte humana podía axuizar a un papa xa que este só podía ser xulgado por Deus.
 
Ante isto, Teodorico instalou a Lourenzo no [[San Xoán de Letrán|Palacio de Letrán]] como papa, co que o cisma se mantivo aberto durante catro anos ata que, en [[506]], o rei retirou o seu apoio a Lourenzo pola súa excesiva conivencia coa corte [[Imperio Bizantino|bizantina]] e, tras expulsar a todos os probizantinos, apoiou definitivamente a Símaco.
 
Durante o seu pontificado, Símaco apoiou economicamente os bispos de [[África]] que se encontraban desterrados en Sardeña tralas persecucións ás que os [[vándalovándalos]]s, de doutrina [[arianismo|ariana]], someteran á Igrexa do norte de África. Tamén concedeu a liberdade aos [[Escravitude|escravos]] que mantiña a Igrexa, e atribúeselle a construción inicial do Palacio Vaticano.
 
== Véxase tamén ==