Imperio Inca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Os chancas: arranxiños
Liña 169:
En xeral, o relato dos irmáns Ayar móstranos a un home guerreiro (Ayar Auca) e a unha muller guerreira (Mama Huaco), dando unha visión distinta á de Garcilaso, onde o rol feminino está dedicado ao tecido, a cociña e o coidado dos infantes; este mito narra un feito ocorrido durante unha das tantas batallas para posesionarse do Cuzco, na que Mama Huaco fere a un home logo ábrelle o peito e sopra os seus «bofes» facendo que a xente de Acamama fuxise medorenta.<ref name="incas-rostw-2"/>
 
=== Os Chancaschancas ===
 
Situada entre os ríos Pampas e Pachachacas foi unha das culturas que se impuxo, aínda que non por moito tempo, ao poderío Inca. Lamentabelmente non hai unha data exacta sobre as batallas.
 
Porén, a máis importante foi documentada por Juan de Betanzos, quen casou coa [[Ñusta]] [[Añas Colque]] (princesa Inca). Betanzos recolleu cantares da familia da [[Ñusta]]. Dise que os [[Chancaschancas]] dividironse en 3 grandes bandos, un deles dirixiuse ao [[Contisuio]], liderado por Malma e Irapa. O segundo exército dirixiuse ao [[Antisuio]], guiados por Yá Vilca e Toquelo Vilca. O terceiro bando dirixiuse directamente para [[Cuzco]], conducido por Tumai Waraca e Astu Huaraca. Cando os [[Chancaschancas]] chegaron a Vilcacunga, enviaron mensaxeiros a Cuzco facendo saber as súas intencións para cos Incas, ao saber isto, o Inca Viracocha fuxiu para o forte de Caquia Yaquiyaguanta, levando consigo aos seus fillos Urco e Socso.
 
En [[Cuzco]] ficou Cusi Yupanqui (antigo nome de [[Pachacuti]]), quen era un suposto fillo de [[Viracocha]]. Yupanqui quedou cos seus xenerais e serventes. Pachacútec enviou a 3 emisarios a pedir axuda aos curacas veciños, os cales negaron axuda debido aos temores para os [[Chancas]]chancas. A pesar da negativa doutras curacas, a de Chañan Cury Coca axudou a Yupanqui. Xuntos crearon un foxo cuberto de ramas e terra arredor da cidade. Á madrugada seguinte, os [[Chancas]]chancas descenderon do cerro Carmenca de súpeto, caendo pouco a pouco na trapa.
 
Segundo o mito, nun intre crucial da batalla, os ''purucaucas'' pasaron de ser simples pedras a feros soldados responsábeis da vitoria dos Incas. A fama foi tal que algunhas curacas xa se rendían só polo temor de ter que se enfrontar a tal inimigo.
 
Logo da vitoria, Yupanqui perseguiu os seus inimigos para se apoderar do seu estandarte. Os [[Chancas]]chancas recuaron ata [[Ichopampa]]. Os curacas veciños de [[Cuzco]] ficaran no cumio dos cerros próximos á espera do resultado. Ao ver que o exército de Yupanqui iniciaba a persecución, estas curacas uníronse ás forzas vitoriosas. A segunda batalla tivo lugar en [[Ichopampa]], onde os dous xefes [[Chancas]]chancas foron asasinados, co que o exército Inca, xunto coas outras curacas veciñas unidas a estes desexosos de vitoria, apoderouse dun valioso motín, e consecuentemente abrindo o paso a un importante desenvolvemento do Imperio Incaico.
 
=== Datas importantes ===