Imperio Inca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 164:
 
Aínda que ambos os mitos narran un [[éxodo]] poboacional buscando terras fértiles, só o mito dos irmáns Ayar narra a [[petrificación]] de personaxes e este último relato é moi recorrente noutras etnias da área central andina.<ref name="incas-rostw-2"/>
 
Sobre a localización das covas, [[Hiram Bingham III|Bingham]] en 1912 comisionou a George Eaton para situar as xanelas de Tambotoco, tendo en conta que aínda existe o poboado de Pacarictambo pero a procura de Eaton non atopou as covas. Logo en 1945, Jorge Muelle, Luís Llanos e César Lobón percorreron Mollebamba buscando o sitio de Guaynacancha (no distrito de Pacarictambo), aí asociou un grupo de cavernas preto do penedo de Puma Orqo coas covas de Tambotoco. Posteriormente Gary Urton achegou investigacións sobre o poboado de Pacarictambo, afirmando que foi trasladado en tempos da colonia e que era moi posible que a súa localización orixinal fose próximo ás ruínas de Maukallajta, próxima ao sitio atopado por Muelle, Llanos e Lobón en 1945.<ref name="incas-rostw-2"/>
 
En xeral, o relato dos irmáns Ayar móstranos a un home guerreiro (Ayar Auca) e a unha muller guerreira (Mama Huaco), dando unha visión distinta á de Garcilaso, onde o rol feminino está dedicado ao tecido, a cociña e o coidado dos infantes; este mito narra un feito ocorrido durante unha das tantas batallas para posesionarse do Cuzco, na que Mama Huaco fere a un home logo ábrelle o peito e sopra os seus «bofes» facendo que a xente de Acamama fuxise medorenta.<ref name="incas-rostw-2"/>
 
=== Os Chancas ===