Dioniso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Adoración: Península de Arabia
Liña 23:
{{cita|así é, a historia grega conta que axiña que naceu Dioniso, Zeus levouno a [[Monte Nisa|Nisa]] en [[Etiopía]] allende [[Exipto]], e como con [[Pan (mitoloxía)|Pan]], os gregos non saben que foi del tras o seu nacemento. Resulta xa que logo claro para min que os gregos aprenderon os nomes destes dous deuses máis tarde que os nomes de todos os outros, e sitúan o nacemento de ambos no momento en que os coñeceron.<ref>[[Heródoto]], ''[[Historia (Heródoto)|Historia]]'' ii.146.</ref>}}
 
Moitos gregos estaban seguros de que o culto a Dioniso chegou a Grecia desde [[Anatolia]], pero as súas nocións sobre se Nisa estaba situada en Anatolia, en [[Libia]] («lonxe ao leste xunto ao grande océano»), Etiopía (Heródoto) ou [[Península de Arabia|Arabia]] ([[Diodoro Sículo]]) son o suficientemente variables como para suxerir que se pretendía un afastado país máxico, quizais chamado ''Nysa'', para explicar o ilegible nome do deus: ‘deus de Nisa‘. [[Apolodoro de Atenas]] parece seguir a [[Ferécides de Leros]], quen conta como o infante Dioniso, deus da [[vide]], foi criado polas ninfas da choiva, as [[Híades]], en Nisa. Con todo, o nome que os [[hititas]] anatolios se daban a si mesmos na súa propia lingua (''nesili'') era ''Nesi''. A influencia hitita na cultura grega antiga case nunca é apreciada.
[[Ficheiro:Dioniso del tipo Madrid-Varese (M. Prado) 01.jpg|miniatura|Antiga estatua romana do tipo Madrid-Varese de Dioniso descansando sobre unha [[herma]] (''c.'' 150 d.C., [[Museo do Prado]], Madrid).]]
As anteriores contradicións suxiren a algúns que non se está tratando coa memoria histórica dun culto estranxeiro senón cun deus inseparablemente estranxeiro. E de feito, o nome de Dioniso aparece nas taboíñas en [[lineal B]] [[lingua micénico|micénico]] como ''DI-WO-NI-SO-JO'',<ref>{{cita web | autor=Adams, John Paul | ano=2005 | título=Dionysos | url=http://www.csun.edu/~hcfll004/dionysos.html | localización=Northridge | idioma=inglés | dataacceso=2 de novembro de 2008}}</ref> e [[Károly Kerényi]]<ref name="Kerényi">Kerényi (1976)</ref> localízao na [[Civilización minoica|Creta minoica]], onde o seu nome minoico é descoñecido pero a súa característica presenza resulta recoñocible. Claramente, Dioniso estivera cos gregos e os seus predecesores moito tempo, e aínda así retivo sempre certo carácter de estranxeiro.