¡Forward, Russia!: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Castelao (conversa | contribucións)
m Actualización
Liña 6:
| orixe = [[Leeds]]
| país = [[Inglaterra]] [[Ficheiro:Flag of England.svg|20px|]]
| período = [[2004]] - [[2008]]; [[2013]] - presente[[2014]]
| xénero = [[indie rock]], [[dance-punk]], [[post-punk revival]]
| selo = [[Cooking Vinyl]], [[Dance to the Radio]], [[Mute Records|Mute North America]], [[Vinyl Junkie]]
Liña 15:
}}
 
'''¡Forward, Russia!''' éfoi unha banda inglesa de música alternativa formada na cidade de [[Leeds]], activa entre os anos [[2004]] e [[2008]] e refundada no [[2013]] para disolverse no [[2014]]. O álbum de debut da banda, ''Give Me a Wall'', foi gravado no [[2006]]. Até o 2006, o grupo só titulaba os seus temas con números, seguindo a orde na que foron compostos. A banda usou en ocasións na tipografía do seu nome o chamado [[pseudocirílico]], escribindo ''¡FФЯWДЯD, RUSSIД!''. Tivo unha paréntese na súa actividade despois de gravar o seu segundo álbum, ''Life Processes'', en [[2008]], pero foi refundada para ofrecer un concerto o [[30 de novembro]] de [[2013]] no ''Brudenell Social Club'' de Leeds, co gaio de celebrar o centenario do auditorio. Tras isto, decidiron continuar xuntos para preparar un novo concerto no ''Live at Leeds Festival'', organizado polo concello de Leeds, que foi a súa derradeira actuación.
 
== Traxectoria ==
Liña 47:
Despois dun [[secret show]] (actuación sorpresa) no que presentaron novo material, a banda procedeu a gravala en [[Seattle, Washington|Seattle]] co produtor Matt Bayles<ref name="Mackay" /><ref name="DiSBio" />. No diario do seu [[blog]] de estudio foron mencionados numerosos títulos das novas cancións, incluíndo tres que habían sido presentadas na xira de principios do 2007. Un sinxelo tomado do álbum, titulado "''Breaking Standing''", foi o primeiro material desas sesións de estudio en ser publicado<ref name="NME1">[http://www.nme.com/news/forward-russia/34309 "''¡Forward Russia! announce new album details''"], en ''[[NME]]'' do 12-2-2008, consultado o 9-6-2012 {{en}}.</ref>. O álbum titulouse ''[[Life Processes]]'' e foi publicado no Reino Unido por ''[[Cooking Vinyl]]'' o [[14 de abril]] de [[2008]]<ref name="NME1" />, por ''[[Mute Records]]'' en Norte América en xuño e por ''[[Vinyl Junkie]]'' no Xapón o [[26 de marzo]] do mesmo ano. A edición xaponesa incluíu os exclusivos temas extra "''Reflection Symmetry''" e "''Don't Be A Doctor''". O álbum, que de acordo ao escritor da revista ''[[Spin (magazine)|SPIN]]'' Josh Modell exploraba "''máis expansivos, máis progresivos territorios''" que o seu predecesor, tivo unha recepción positiva pola crítica, como a de ''[[Drowned in Sound]]'' que o describe como un traballo "''salpicado de momentos brillantes''", e a de ''[[The Independent]]'' que sinala que o álbum "''habilmente combina a ferocidade do punk-rock melódico co enxenio''"<ref name="Dosanjh" /><ref name="Modell">Modell, Josh (2008) [http://books.google.co.uk/books?id=Ul7jcf4HvN4C&pg=PA100&dq=%22forward,+russia%22+life+processes&hl=en&sa=X&ei=IeHUT-KlAYiW8gPZ6Ii5Aw&ved=0CEEQ6AEwAA#v=onepage&q=%22forward%2C%20russia%22%20life%20processes&f=false "''¡Forward, Russia! ‘Life Processes’''"], en ''[[Spin (magazine)|SPIN]]'' de agosto de 2008, páxina 100, consultado o 10-6-2012 {{en}}</ref><ref name="Patashnik">Patashnik, Ben (2008) [http://drownedinsound.com/releases/12855/reviews/3006876- "''¡Forward Russia! ‘Life Processes’''"], en [[Drowned in Sound]] do 28-3-2008, consultado o 9-6-2012 {{en}}.</ref>.
 
=== NaDobre actualidadedisolución ===
No 2008, a banda anunciou que tomaban a "''decisión de descansar da súa actividade en ¡Forward, Russia!''" e que non volverían a tocar ou gravar "''nun futuro inmediato''"<ref name="NME2">[http://www.nme.com/news/forward-russia/38864 "''Forward, Russia to split?''"], en ''[[NME]]'' de 13-8-2008, consultado o 9-6-2012 {{en}}.</ref><ref name="MTV1">[http://www.mtv.co.uk/news/forward-russia/42215-forward-russia-announce-split "''¡Forward, Russia! Announce Split''"], en [[MTV]] de 14-8-2008, consultado o 10-6-2012 {{en}}.</ref>. O seu comunicado sinalaba que "''a idea de facer outra xira sen nada novo que ofrecer era algo que non nos estusiasmaba a ninguén de nós"<ref name="NME2" />.
 
Katie Nichols trasladouse a [[Nottingham]] para comezar un curso de arte, mentres Woodhead traballaba como produtor<ref name="NME2" />. A súa derradeira actuación coñecida celebrouse no ''Brainwash Festival'', no [[Brudenell Social Club]], o [[17 de outubro]] de [[2008]]<ref name="Webb">Webb, Rob (2008) [http://drownedinsound.com/news/3950988-iforward-russia-announce-last-show-for-now?relevant-artist "''¡Forward, Russia! announce last show... for now?''"], en ''[[Drowned in Sound]]'', consultado o 9-6-2012 {{en}}.</ref>. En febreiro do [[2009]] anunciouse o ingreso de Whiskas en [[Duels]] como membro a tempo completo<ref>[http://www.duelsmusic.co.uk/2009/02/now-we-are-five/ "''Now we are five''"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20140502052248/http://www.duelsmusic.co.uk/2009/02/now-we-are-five/ |date=02 de maio de 2014 }}, na páxina da banda, ''Duelsmusic.co.uk''. Consultado o 13-5-2012 {{en}}.</ref>. O [[30 de marzo]] de [[2013]], a banda reactivouse en [[Twitter]], dando comezo rumores dunha nova reunión ou reconstitución da formación, cousa que foi confirmada o luns [[9 de setembro]] co anuncio dunha actuación que tería lugar no ''The Brudenell Social Club'' de Leeds o [[30 de novembro]] de [[2013]], e a esta seguiulle unha segunda actuación na [[casa do concello]] de Leeds dentro do ''Live at Leeds Festival'' o [[3 de maio]] de [[2014]], que finalmente resultou a súa derradeira actuación. O concerto no ''The Brudenell Social Club'' foi gravado e publicado en xaneiro de 2014 a través da auto-edición, contando cun total de quince temas<ref>[https://forwardrussia.bandcamp.com/ Bandcamp.com], ligazón ao traballo ''Live at the Brudenell''.</ref>, sendo mesturado por Lee Smith e masterizado por Tom Woodhead, sendo bautizado co sinxelo nome de ''Live at the Brudenell''.
 
== Estilo musical ==