Galeón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Homónimo
m →‎Tripulación: Casa da Contratación de Indias
Liña 49:
Durante a época dos galeóns a armada española seguía a norma de dotar un tripulante por cada tonelada de carga, con todo isto o número podía variar significativamente segundo as necesidades e as circunstancias financeiras. Así, en [[1550]] a razón adoitaba ser dun ''home de mar'' por cada 5 toneladas e media e en [[1629]] de 1 mariñeiro por 6 e 1/4 toneladas. Así un galeón típico de principios do século XVII, dunhas 500 toneladas dotaría uns 90 homes de mar, dos que 15 serían oficiais, 25 mariños, 20 grumetes ou aspirantes a mariño, 10 paxes ou nenos aprendices e 20 artilleiros. Á parte destes hai que engadir aos soldados embarcados que sumarían unha compañía duns 125 homes, unha cifra moi superior á habitual en calquera outra nación europea, e que podía aumentar moito máis en tempo de guerra ou en misións de risco. Por exemplo, os barcos [[pirata]]s caribeños da época podían ter unha dotación comprendida entre os 20 e os 30 mariñeiros, mentres que un galeón contaba, só en artillería, con 160 soldados ou ata máis,<ref>[[Mariano González Arnao]], A proba de piratas, nº 61 de [[A aventura da Historia]], [[O Mundo|Arlanza Edicións]], novembro de [[2003]]</ref> quedando deste xeito, protexidos contra calquera ameaza menor, como por exemplo outros barcos de igual porte, só ao alcance dos estados europeos ou [[corsario]]s licenciados por estes.
 
Nas frotas que facían a Carreira das Indias o mando ostentábao un ''capitán xeral'', xeralmente homes de nobre berce e con experiencia no mar, que se embarcaba a bordo da nave ''capitá'' xunto cun séquito que incluía oficiais reais. O capitán xeral nomeaba ao ''almirante'', o segundo home na liña de mando e que comandaba a súa propia nave, ''a almiranta'', que tradicionalmente se situaba en retagarda na formación ou no extremo oposto á capitá. O capitán dunha das naves, chamada ''goberno'', era o gobernador, militar de maior rango tras o capitán xeral. Cada frota contaba cun ''piloto maior'' que estaba a cargo da derrota ou rumbo da frota e que ía a bordo da capitá. Para os ''galeóns da prata'', que transportaban a prata do Perú, a [[Casa da Contratación de Indias|Casa de Contratación]] de Sevilla nomeaba un ''maestre de prata'' que supervisaba a carga propiedade do rei a bordo da capitá e era asistido por uns ''fiadores'' no resto da frota. Ademais en cada frota había un ''veedor'', representante dos intereses do rei, e un ''escribano'' que rexistraba todos os movementos de carga a bordo.
 
A diferenza doutras nacións europeas durante os séculos XVI e XVII os galeóns españois tiñan un mando dobre: o ''capitán de mar'', de maior rango, e o ''capitán de guerra'', xeralmente un soldado que estaba ao mando da tropa. Ambos os cargos uníronse nas ordenanzas de 1633 no ''capitán de mar e guerra''. O goberno da nave, así como o seu aprovisionamento e mantemento residía de facto no ''maestre'', xa que o capitán adoitaba dedicarse principalmente a tarefas administrativas. A diferenza doutros cargos que eran nomeados pola duración da viaxe ou da misión, o maestre adoitaba servir no mesmo barco durante toda a súa carreira. O seu asistente e seguinte na liña de mando era o ''alférez de mar'', tras el o piloto, a cargo do rumbo de cada nave e tras o piloto o contramaestre. Outros oficiais de menor rango eran o ''gardián'' (a cargo entre outras cousas da seguridade a bordo) e o ''despenseiro''. Ademais en cada barco había un cirurxián nomeado polo capitán e un capelán nomeado polo capitán xeral. A ''maestranza'' estaba formada por mariños especializados e incluía un carpinteiro, un calafate, un ferreiro, un mergullador e un corneta. Os artilleiros estaban mandados por un oficial chamado ''condestable''.