Imperio Inca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 125:
 
Como unha hipótese sobre a decadencia de Huari e Tiahuanaco, existen evidencias dun prolongado período de [[seca]] que durou desde o ano 900&nbsp;d.&nbsp;C. ata o 1200&nbsp;d.&nbsp;C. nos Andes centraies.<ref name="Panandinos"/> Arqueoloxicamente, existen evidencias de longos procesos migratorios de poboación ao longo dos Andes durante os períodos post-huari e post-tiahuanaco. A arqueoloxía revela que nos vales interandinos, a poboación construíu os seus asentamentos no alto de [[cerro]]s procurando a seguridade, o que nos fala dun prolongado período de enfrontamentos étnicos. Na costa, en tanto, varios grupos alcanzaban estabilidade política, como o demostran os casos dos [[Cultura Chincha|Chincha]], [[Chimú]] e os [[Cultura Ychsma|Ychsma]].<ref name="Panandinos"/>
 
Este período histórico foi plasmado en [[lenda]]s e [[mito]]s andinos de diferentes maneiras. Nas tradicións orais dos Andes faise referencia a que no principio os pobos realizaron longas camiñadas buscando terras fértiles, xurdindo heroes míticos que eran, polo xeral, semi-divinos e que ían sendo guiados por seres sobrenaturais (o sol, a lúa, etcétera). Estes heroes míticos xeralmente tiñan algún poder. Dese xeito xorden as figuras de Manco Cápac, no caso fundacional do [[Cuzco]]; ou Pariaccaca no caso de [[Huarochirí]].<ref name="incas-rostw-2">{{Cita libro |apelido=Rostworowski Tovar |nome=María |data=outubro de 2010 |título=Incas |serie=Biblioteca Imprescindibles Peruanos |páxinas=26-35 |capítulo=2. La ocupación del Cusco|lugar-publicación=Perú |editorial=Empresa Editora El Comercio S.&nbsp;A. - Producciones Cantabria S.A.C.|isbn=978-612-4069-47-5 |data-acceso=29 de febreiro de 2012}}</ref>
 
=== Orixe ===