Mulleres nas Matemáticas: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m as citas textuais deben sempre ter unha fonte, preferentemente a máis achegada á fonte orixinal. Se se traducen en nota debe figurar o texto orixinal Etiqueta: edición de código 2017 |
m refago a tradución, o sentido é bastante diferente Etiqueta: edición de código 2017 |
||
Liña 20:
Agora ben, no caso particular das mulleres matemáticas, como di [[Susana Mataix]]: "A pesar do illamento intelectual ao que estiveron sometidas as mulleres no pasado, resulta admirable comprobar que en todas as épocas xurdiron matemáticas dispostas a desafiar as normas e dedicarse á ciencia. É case imposible descubrir trazos comúns nelas que expliquen por que escolleron o camiño insospeitado; ou identificar circunstancias favorables que xustifiquen a súa loita nun mundo dominado polos homes. Batéronse en solitario, instigadas por un verdadeiro desexo de saber, de entender e de expoñer as súas propias opinións. Se repasamos as achegas dalgunhas destas matemáticas, obsérvase que a súa soidade levounas a elixir campos novedosos e a realizar achegas singulares. Tanto a [[Émilie du Châtelet|Marquesa de Châtelet]], defensora do británico [[Isaac Newton|Newton]] contra o estamento cartesiano da súa patria; como a xenial [[Emmy Noether]], colaboradora nas teorías da relatividade de [[Albert Einstein|Einstein]]; sen esquecer a figuras tan especiais como [[Ada Lovelace]], visionaria informática; ou [[Florence Nightingale]], pioneira da [[estatística médica]], son exemplos do papel desempeñado polas mulleres con vocación matemática e decididas a liberarse de ataduras e prexuízos para marcar novos rumbos no desenvolvemento da mente humana".<ref>{{Cita web|título=USC - Facultade de Matemáticas - 50 Aniversario da Licenciatura de Matemáticas na USC - Actividades - A muller: elemento innovador na ciencias|url=http://www.usc.es/mate50/actividades/muller.htm|páxina-web=www.usc.es|data-acceso=2020-11-16}}</ref>
[[Ficheiro:Thomas Phillips - Mary Fairfax, Mrs William Somerville, 1780 - 1872. Writer on science - Google Art Project.jpg|alt=Mary Fairfaix Greig Somerville|esquerda|miniatura|189x189px|[[Mary Somerville]]]]
Unha das mulleres que citaba Mataix, Madame de Châtelet, científica francesa do [[século XVIII]], no prefacio do libro [[A fábula das abellas]], no que expón as súas ideas sobre a exclusión das mulleres das ciencias, di: {{cita centrada|Sinto todo o peso do prexuízo que nos exclúe universalmente das ciencias, e é unha das contradicións
[[Ficheiro:Sophie Germain.jpg|alt=sophie germain|miniatura|191x191px|sophie germain]]
O rastrexo de mulleres matemáticas ao longo da historia non é tarefa fácil, pois como recoñecen [[Adela Salvador]] e [[María Molero]] no seu artigo ''La geometría vista por Grace Chisholm Young'' <ref name=":1">{{Cita web|url=http://www2.caminos.upm.es/Departamentos/matematicas/502_Grace_coor_maria.pdf|título=La geometría vista por Grace Chisholm Young|data-acceso=27-10-2020}}</ref> o nome das mulleres vai cambiando ao longo da súa vida -primeiro teñen o apelido do seu pai, pero co matrimonio o substitúen polo do seu esposo-. É o caso, por exemplo, da "Raíña das ciencias do século XIX" que nace como Mary Fairfax (polo seu pai), pasa a ser Mary Greig (despois do seu primeiro casamento) e finalmente pasa a chamarse [[Mary Somerville]] (polo seu segundo esposo). Pero ademais, moitas mulleres non utilizaban o seu nome, como [[Sophie Germain|Sophie Gerrmain]] que utilizaba un pseudónimo "Antoine-Auguste Le Blanc" ou "Monsieur Le Blanc", ou a propia [[Ada Lovelace]] que firmou o seu traballo só coas súas iniciais (A.A.L.), en ambos casos para intentar que o seu traballo non fora rexeitado de entrada pola súa condición de muller.<ref name=":1" /> Invisibles para os poderosos e ausentes da historia "oficial" da ciencia, mulleres de tódalas civilizacións sentíronse atraídas polo coñecemento dende os inicios da humanidade.<ref name=":3">{{Cita libro|título=Sabias|apelidos=Muñoz Páez|nome=Adela|editorial=Penguin Randon House|ano=2016|ISBN=978-84-9992-702-2|ref=}}</ref>
|