Mulleres nas Matemáticas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m lista de notas diferenciada de referencias; formato lista ref para máis de 15-20 referencias
Etiqueta: edición de código 2017
Maria zaos (conversa | contribucións)
m as citas textuais deben sempre ter unha fonte, preferentemente a máis achegada á fonte orixinal. Se se traducen en nota debe figurar o texto orixinal
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 67:
As observacións a través de telescopios fixéronse cada vez máis habituais e as ilustracións volvéronse un complemento importante nos tratados de astronomía. A xermana [[Maria Clara Eimmart]] (1676−1707) foi unha das primeiras artistas especializadas en astronomía. Filla dun importante pintor e astrónomo afeccionado, no seu taller-observatorio de [[Nürnberg|Nüremberg]] reuníanse importantes astrónomos do momento para contemplar e admirar as súas dotes de gravadora para a representación de [[Cometa|cometas]], [[Mancha solar|manchas solares]], [[Eclipse|eclipses]] ou as [[montañas da Lúa]]. Observacións e representacións que acabaron para sempre co “ceo inmutable e perfecto” de Aristóteles.<ref>{{Cita web|título=The Astronomical Art of Maria Clara Eimmart: Stunning 17th-Century Drawings of Comets, Planets, and Moon Phases by a Self-Taught Artist and Astronomer|url=https://www.brainpickings.org/2019/01/06/maria-clara-eimmart/|páxina-web=Brain Pickings|data=2019-01-06|data-acceso=2020-11-19|lingua=en-US|nome=Maria|apelidos=Popova}}</ref> [[Maria Winckelmann Kirch]] (1670-1720) formouse en astronomía no seu [[Leipzig]] natal co chamado “campesiño astrónomo”, ata que se traslada co seu esposo [[Gottfried Kirch]] (1639–1710) a [[Berlín]] e prosegue alí a súa formación como [[Astrónomo|astrónoma]].<ref>{{Cita web|título=Una astrónoma en la sombra, Maria Winkelmann (1670-1720) Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2015/12/21/una-astronoma-en-la-sombra-maria-winkelmann-1670-1720/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2015-12-21|data-acceso=2020-11-19|lingua=es}}</ref>
 
Esta abundancia de mulleres na elite da astronomía en Europa levou ao astrónomo sueco [[Andreas Celsius]] -que coñeceu ás Kirch, nai e filla, cando estudaba en Berlín, que en París topouse con outra gran astrónoma, a irmá de [[Joseph Delisle]], e que cando chegou a [[Boloña]] a estudar co director do observatorio atopou que este tamén tiña dúas irmás, '''[[Teresa e Maddalena Manfredi|T]]'''[[Teresa e Maddalena Manfredi|eresa e Maddalena Manfredi''',''']] ambas ben preparadas e que colaboraban con el na preparación das efemérides solares, lunares e planetarias de Boloña- a escribir, nunha carta dirixida a Kirch:<ref name=":4" />
 
{{cita centrada|''Empezo a crer que ter irmás doutas é o destino de tódolos astrónomos, xa que polo menos iso foi o que me topei nos que tiven a honra de coñecer durante a miña viaxe''.<ref name=":4" />}}
 
== Século das Luces (s. XVIII) ==
Liña 79:
A [[revolución científica]] tiña cambiado a forma na que as persoas se relacionaban coa ciencia. Homes adiñeirados e ociosos tíñanse convertido en científicos afeccionados e aberto a novas posibilidades para facer ciencia. As súas esposas e irmás convertéranse en damas de ciencia -etiqueta que foi utilizada como un insulto polos seus detractores-, o que lles permitiu alcanzar un nivel de competencia científica moi superior as súas predecesoras. Pero ao marxe da polémica sobre se a ciencia considerábase ou non apropiada para as mulleres, un amplo estrato da poboación feminina comezou a interesarse por ela, a estudala e realizar achegas. As mulleres dos salóns do Século das Luces apoiaron e divulgaron as novas teorías de [[René Descartes|Descartes]], [[Isaac Newton|Newton]] e [[Gottfried Wilhelm Leibniz|Leibniz]].<ref>{{Cita web|url=http://www.uco.es/~ma1mamaa/GIHEM/documentos/Mujeres%20y%20Matem%C3%A1ticas.pdf|título=MUJERES MATEMÁTICAS EN LA HISTORIA DE OCCIDENTE|autor=ENCARNACIÓN CASTRO MARTÍNEZ|páxina-web=|data-acceso=}}</ref>
[[Ficheiro:Marquise du Châtelet par Largillière.JPG|alt=Retrato de una dama (Marquise du Châtelet) realizado por Largillière|miniatura|Marquise du Châtelet ]]
O libro de Isaac Newton (1643-1727) ''[[Philosophiæ naturalis principia mathematica|Philosophiae naturalis principia mathematica]]'' [1687] é unha das obras básicas do novo pensamento científico. Substituíu á [[mecánica]] de Descartes –na que as forzas actúan por contacto– pola [[lei da gravitación universal]] –na que as forzas actúan a distancia–; o que supuxo un avance cualitativo importante, porque permitiu explicar o movemento dos [[Astro|astros]] e fenómenos terrestres cunha formulación matemática. O conde [[Francesco Algarotti]] (1712-1764), que era un admirador da obra de Newton, en 1735 realizou unha estancia de seis semanas no castelo de Cirey, residencia da [[Émilie du Châtelet|Marquise du Châtelet]] e sede dun dos Salóns de Ciencia mellor dotados do momento. Algarotti aproveitou a súa estancia en Cirey para escribir parte do seu libro ''Il neutonianismo per le dame'' (1737); no que, por medio do diálogo entre un filósofo e unha dama, explica parte das ideas de Newton. Nese mesmo lugar, os dous volumes dos ''Principia'' de Newton foron traducidos do [[latín]] ao francés e comentados por [[Émilie du Châtelet|Emilie de Breteuil]], Marquise du Châtelet, o que permitiu que se difundiran na [[Francia]] cartesiana as ideas de Newton. Esta muller fixo importantes contribucións ao desenvolvemento do pensamento científico francés, ademais de ser fundamental na introdución e difusión das teorías de Newton e Leibniz en Francia. Pero ademais foi unha das que con máis ardor e vehemencia alzaron a súa voz para defender os dereitos das mulleres, sobre todo o dereito das mesmas á educación. Así, no seu "Discurso sobre a felicidade"<ref>{{Cita web|url=https://es.scribd.com/document/297821681/Discursos-Sobre-La-Felicidad|título=Discursos Sobre La Felicidad {{!}} Voltaire {{!}} Amor|idioma=es|páxina-web=}}</ref> mantén que: ''A sabeduría sempre debe facer ben os seus cálculos, porque quen di sabio di feliz, alo menos no meu dicionario''. Ou máis adiante: ''O estudo fainos totalmente independentes, polo que o amor ao estudo é a paixón máis necesaria para a nosa felicidade; é un recurso seguro contra a adversidade, é unha fonte de pracer inesgotable''.<ref>Madame du Châtelet, Discurso sobre la Felicidad, citado en <ref name="perdomo"/> <ref> Mentres que na tradución que realizou de "A fábula das abellas", de Bernard Mandeville, di no seu prefacio: ''Sinto todo o peso do prexuízo que nos exclúe universalmente das ciencias, e é unha das contradicións deste mundo que sempre me sorprendeu moitísimo, dado que hai grandes países nos que a lei nos permite regular os seus destinos, pero non hai ningún no que sexamos educadas para pensar''.}} Ou nunha carta a Federico de Prusia: ''Xulgádeme polos meus propios méritos ou pola súa falta, pero non me consideres un mero apéndice deste gran xeneral ou dese recoñecido erudito, de tal estrela que brilla na corte de Francia ou destoutro autor tan famoso. Son unha persoa completa, só responsable de min por todo o que son, por todo o que digo, por todo o que fago. Pode que haxa metafísicos e filósofos cuxo coñecemento sexa maior que o meu, aínda que eu non os coñecín. Non obstante, eles tamén son só seres humanos débiles e teñen os seus defectos; Entón, cando sumo o total das miñas grazas, confeso que non son inferior a ninguén''.<ref name=":4" /><ref name="perdomo">{{Cita web|url=http://inmaculadaperdomo.blogspot.com/2014/03/madame-du-chatelet-felicidad-filosofia.html|título=Filosofía, ciencia y género : Madame du Châtelet. Felicidad, Filosofía y Ciencia.|páxina-web=Filosofía, ciencia y género}} tomado de Carolyn Iltis, “Madame du Châtelet´s Metaphysics and Mechanics”, Studies of History and Philosophy of Science, 8, 1977.</ref><ref group="lower-alpha">Texto orixinal: Juzgadme por mis propios méritos o por mi falta de ellos, pero no me veáis como un apéndice de aquel gran general o aquel renombrado académico. Esta estrella que brilla en la corte de Francia o aquel afamado autor. Soy por mí misma una persona completa, responsable única de mi misma, de todo lo que soy, todo lo que digo, y todo lo que hago.</ref>
 
=== Italia como pioneira ===