Johann Rudolph Schellenberg: Diferenzas entre revisións

artista e científico suízo
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª ed. con info. da wiki en alemán
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 20 de abril de 2021 ás 19:22

Johann Rudolph Schellenberg, nado o 4 de xaneiro de 1740 en Basilea, e finado o 6 de agosto de 1806 en Töss, localidade da cidade de Winterthur, foi un gravador, pintor e naturalista suízo, especializado en entomoloxía.

Infotaula de personaJohann Rudolph Schellenberg

Retrato de Johann Rudolph Schellenberg en 1770
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1740
Basilea
Morte6 de agosto de 1806
Töss (Winterthur)
Datos persoais
País de nacionalidadesuíza
Actividade
Campo de traballoPintura, ilustración, gravura (pt) Traducir e entomoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupacióngravador, pintor e naturalista
Período de actividade1755 Editar o valor em Wikidata - 1806 Editar o valor em Wikidata
Linguaalemán, francés
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaSchellenberg Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaria Magdalena Hegner
Fillos2 fillos e 4 fillas
PaisJohann Ulrich Schellenberg  e Anna Katharina Huber

Está considerado como un dos ilustradores máis importantes da súa época e o gravador suízo máis importante do século XVIII.

Traxectoria

Johann Rudolph Schellenberg era fillo do pintor Johann Ulrich Schellenberg e de Anna Katharina Huber, filla do tamén pintor Johann Rudolf Huber. Os primeros intentos artísticos de J. R. Schellenberg baseáronse en suxestións de Johann Rudolf Huber. Cando este morreu en 1748, a familia trasladouse a Winterthur, o lugar de nacemento do pai. Alí Schellenberg aprendeu, xunto con Anton Graff, na escola de debuxo de seu pai, e traballou no seu taller. Regresou a Basilea, onde probou sorte coa pintura de paisaxes e retratos. As primeiras pinturas de Schellenberg, especialmente decorados de teatro e debuxos de pastores e agricultores, datan deste período.

 
Unha páxina de Schellenberg en Gattungen der Fliegen (1803)

Despois dunha proxectada viaxe a Italia, que non puido realizar debido a unha repentina enfermidade, Schellenberg, regresou a Winterthur, onde se retirou. Johannes Gessner, de Zúric, encargou a Schellenberg que ralizara debuxos de historia natural con fins científicos. Schellenberg trasladouse a Zurich, onde viviu co seu mecenas Gessner e fixo numerosos debuxos, principalmente de insectos. A primeira obra, na que aparecieron 52 augafortes de Schellenberg, foi Kennzeichen der Insekten, de Johann Heinrich Sulzer, en 1761.

Esta obra tivo un grande éxito no país e no estranxeiro, o que fixo que Schellenberg tivera novas encargas. Nos anos seguientes creou ao redor de 3 800 debuxos entomolóxicos, algúns dos cales tamén se publicaron nas propias obras de Schellenberg, por exemplo na súa obra Genres des mouches (Xéneros de moscas, publicada en 1803. Unha das súas obras máis importantes son as ilustracións de Physiognomischen Fragmenten de Johann Caspar Lavater. En total, obras de Schellenberg pódense encontrar en ao redor de 170 libros. Realizou máis de 4 000 ilustracións.

Johann Rudolf Schellenberg casou con Maria Magdalena Hegner en 1766. A parella tivo dous fillos, que tamén foron debuxantes e gravadores, e catro fillas.

Schellenberg describiu a suborde Adephaga, dos coleópteros, en 1806.

Por outra parte, Johann Rudolph Schellenberg tamén formou a numerosos artistas. Entre os seus alumnos están Johann Georg Penzel, Johann Heinrich Lips, Emanuel Steiner e Johann Jakob Biedermann.

Finalmente, morreu en Töss preto de Winterthur.