América precolombiana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
m Arranxiño
Liña 6:
'''América precolombiana''',<ref>{{DRAG|precolombiano}}</ref> '''era precolombiana''' e '''culturas precolombianas''' son termos que inclúen os períodos da historia e da prehistoria de [[América]] antes da aparición da influencia europea no continente, unha época que abrangue dende o [[Poboamento de América|poboamento orixinal]] no [[Paleolítico superior]] até a [[Colonización europea de América|colonización europea]] durante a [[Idade Moderna]].
 
Malia que o termo se refire literalmente ó tempo precedente á chegada de [[CristóbalCristovo Colón]] en [[1492]], na práctica emprégase a expresión para facer referencia á historia das [[Pobos indíxenas de América|culturas indíxenas de América]] até que estas culturas foron exterminadas, menosprezadas ou alteradas polos europeos, mesmo se isto ocorreu décadas ou séculos despois da primeira chegada de Colón. Por este motivo os termos '''América precontacto''', '''América precolonial''' ou '''América prehistórica''' tamén teñen certo uso. En áreas de [[América Latina]], o termo máis común é '''prehispánico'''.
 
Moitas [[civilización]]s precolombianas conseguiron crear asentamentos permanentes e [[cidade]]s, desenvolver a [[agricultura]], xerar [[arquitectura]] cívica e monumental e desevolver unha complexa [[sociedade]] xerárquica. Algunhas destas civilizacións desapareceron durante a época das primeiras colonias europeas permanentes e da chegada dos africanos escravos (c. finais do século XVI e comezos do XVII),<ref>{{Cita novas|url=https://www.tripline.net/trip/Early_European_Settlements_in_North_America-066434737501100388EFEC49781BFFB4|título=Early European Settlements in North America|editor=Tripline|dataacceso=6 de maio de 2017|lingua=inglés}}</ref> e só se coñecen a través das investigacións arqueolóxicas e a [[historia oral]]. Outras civilización foron contemporáneas co período colonial e puideron ser descritas polos historiadores europeos da época. Unhas poucas, como a [[civilización maia]], tiñan os seus propios rexistros escritos. Por mor de que moitos europeos critiáns da época viron eses textos como [[herexía]], persoas como [[Diego de Landa]] destruríron moitos textos en fogueiras. Só algúns documentos ocultos sobreviviron nas súas linguas orixinais, mentres que outros foron transcritos ou ditados ó castelán, dando aos historiadores modernos visións da cultura e do coñecemento antigos.