Eurínome (filla de Océano): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎O mito pelasgo: corrixo lig. int.
Liña 27:
Eurínome ''a Creadora'' alzouse núa do [[Caos]] e separou os mares do firmamento, sen atopar terra firme. Bailando sobre as ondas levantou o vento do norte e, dándose a volta, agarrouno e fretouno entre as mans, ata que apareceu a serpe Ofión. Seguiu bailando para quentarse, de forma salvaxe, e Ofión, excitado, enrodelouse nas súas pernas e copulou con ela, quedando preñada <ref>Trátase do mito recollido por [[Plinio o Vello|Plinio]] na súa ''Historia Natural'' de que as eguas quedaban preñadas ó tornar as grupas cara o vento.</ref>. Tomando a forma dunha pomba puxo un ovo (o Ovo Universal). Ofión enrodelouse sete veces ó redor do ovo que, unha vez chocado, abriuse en dous e del foron xurdindo todo o que existe, os seus fillos: o sol, a lúa, os planetas, as estrelas, e a terra coas súas montañas e ríos, árbores e tódolos seres vivos <ref>Pola contra, o mito homérico da creación afirma que "''os deuses e todas as criaturas vivintes orixináronse na corrente de Océano, que envolve ó mundo, e que Tetis foi a nai de todos os seus fillos''" (Graves, px. 38).</ref>.
 
O primeiro home foi [[Pelasgo (fillo de Xea)|Pelasgo]], que naceu da terra na Arcadia, e logo naceron máis. Eurínome ensinoulles a construír cabanas, a alimentarse de landras e a vestirse.
 
A deusa tamén creou as sete potencias planetarias, e encomendou o seu coidado a un [[titán (mitoloxía)|titán]] e unha titánide: o Sol baixo o control de [[Tía (mitoloxía)|Tía]] e [[Hiperión (mitoloxía)|Hiperión]]; a Lúa, para [[Febe (mitoloxía)|Febe]] e [[Atlas (mitoloxía)|Atlas]]; o planeta [[Marte]], para [[Dione (mitoloxía)|Dione]] e [[Crío (mitoloxía)|Crío]]; [[Mercurio (planeta)|Mercurio]], para [[Metis (mitoloxía)|Metis]] e [[Ceo (mitoloxía)|Ceo]]; [[Xúpiter]], para [[Temis (mitoloxía)|Temis]] e [[Eurimedonte]]; [[Venus]], para Tetis e Océano; e [[Saturno]] para Cronos e Rea.