Imperio Inca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 109:
 
Outro recurso utilizado para rexistrar a historia foron uns mantos e táboas que contiñan pinturas representando pasaxes heroicas. Estes documentos foron gardados nun lugar denominado Poquen Cancha. Sábese que o [[vicerrei]] [[Francisco de Toledo]] enviou o rei [[Filipe II de España|Filipe II]] catro panos que ilustraban a vida dos incas engadindo coas súas propias palabras que «los yndios pintores no tenían la curiosidad de los de allá».<ref name="incas-rostw-hist"/>
 
Ademais, algúns feitos pasados foron almacenados nos [[quipu]]s, aínda que non se sabe como puideron utilizar estes sistemas de cordeis e nós para almacenar feitos históricos existen varias crónicas que describen que os quipus servían para evocar as fazañas dos gobernantes.<ref name="incas-rostw-hist"/>
 
En xeral, no imperio incaico lembrábanse os feitos que lles parecían importantes de lembrar e non era necesaria a precisión. Ademais, os gobernantes podían ordenar excluír intencionalmente dos rexistros históricos algúns feitos que puidesen molestarlles. [[María Rostworowski]] denomina a esta calidade da historia incaica unha «amnesia política» que era asumida por todo o vulgo pero que era lembrada polas panacas ou ayllus afectados, sendo este un factor que contribuíu ás futuras contradicións nas crónicas europeas sobre os incas.<ref name="incas-rostw-hist"/>
 
=== Orixe ===