Vila Winter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Pájara - Cofete - Casa de los Winter 02 ies.jpg|thumb|A vila Winter.]]
[[Ficheiro:Villa Winter - View from Pico de la Zarza 05.jpg|thumb|Vila Winter vista dende [[Pico de la Zarza]].]]
 
A '''vila Winter''' ou '''casa Winter''' está situada na localidade de [[Cofete]], na illa [[Canarias|canaria]] de [[Fuerteventura]], fronte á cordilleira que atravesa a [[península de Jandía]]. Foi deseñada polo enxeñeiro alemán Gustav Winter, nado en [[1893]] na [[Selva Negra]].<ref name=casawinterdiariodefuerteventura>[https://www.diariodefuerteventura.com/noticia/%C3%BAltima-batalla-en-la-misteriosa-villa-winter-de-cofete Última batalla en la misteriosa villa Winter de Cofete]. ''Diario de Fuerteventura''.</ref> Winter traballou en España dende 1915 e destacouse polos seus moitos proxectos en Fuerteventura e Gran Canaria.
 
A casa foi construída en [[1946]], presenta dous andares, soto, unha torre na parte nordés cunha vista de 360 graos e un balcón na fronte. Posúe unha estraña distribución, con grosas paredes, portas tabicadas, túneis e mesmo un búnker.<ref name=casawinterelespanol>[https://www.elespanol.com/cultura/historia/20200216/hitler-secreta-fuerteventura-leyendas-refugio-submarinos-nazis/467454237_0.html ¿Tuvo Hitler una base secreta en Fuerteventura? Las leyendas del refugio de los submarinos nazis]. ''El Español''.</ref> Foi renovada en 1985 e probabelmente esperaban facer dela un restaurante ou un hotel, algo que aínda resulta dubidoso. Dende 1997 pertence á empresa Lopesan.<ref name=casawinterdiariodefuerteventura/>
 
== Lendas ==