Wikipedia:A Taberna (políticas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
CoroRP (conversa | contribucións)
Xoacas (conversa | contribucións)
Liña 357:
 
Si, [[Usuario:MAGHOI|MAGHOI]], a democracia sempre está ben, pero non entras no que salientei eu en letra grosa. As normas de votación de políticas (e doutras cousas) esixen unha maioría cualificada de 3/4 ou 2/3 segundo o tipo de cousa que se vote e de maioría simple para as revogacións (ver [[Wikipedia:Votacións]], que, se non estou errado, é o que hai que consultar). Concretamente, e cito textualmente, unha política é aprobada se o resultado da súa votación cumpre estes criterios: "Duración fixa: 30 días de votación. Votos: un mínimo de 5 votos a favor, supoñendo estes o 75% (3/4) ou máis do cómputo entre votos favorables e negativos." Se non cumpre estes criterios é rexeitada. Eu non son partidario de facer nada distinto do que diga a Academia, xa que ese é o criterio xeral que se segue na wikipedia. Se a Academia pon os títulos duplos na orde masculino (e xenérico)/feminino eu acepto iso. Como non quero mudar nada non vou propoñer votación ningunha, simplemente refrendei co meu voto a opción da Academia para que se empezase a aplicar. Os que queiran facer algo novidoso son os que terán que propoñer a votación seguindo as normas de reconto mencionadas. Se hai unha maioría cualificada a favor todos o aceptaremos.--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 15 de abril de 2021 ás 17:34 (UTC)
 
Alguén lle votou algunha vez un ollo ó índice de categorías? Estoume referindo a quen presenta esta proposta. Vaivos chispear a cabeza con este tema. [[Usuario:Xoacas|Xoacas]]<sub>([[Conversa Usuario:Xoacas|ti si que es lindo, ho]]) </sub> 15 de abril de 2021 ás 20:59 (UTC)