Matemáticas e arte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bibliografía
Sen resumo de edición
Liña 11:
O influxo directo das matemáticas sobre a arte evidénciase no uso de ferramentas como a perspectiva, a análise da [[Simetría|simetría,]] ou a presenza en diversas obras de obxectos matemáticos que exerceron atracción sobre artistas de distintas épocas, como os [[Poliedro|poliedros]] (en pinturas e debuxos de [[Albrecht Dürer|Dürer]], Marcus Wenninger, Wenzel Jamnitzer, Lorenz Stoer, [[Giorgio de Chirico]] e outros, e por suposto na escultura e na arquitectura), ou a [[banda de Möbius]] descuberta de maneira independente polos matemáticos [[August Ferdinand Möbius|August F. Möbius]] e [[Johan Benedict Listing|J. Benedict Listing]], e polo escultor [[Max Bill]], quen pensou ser o primeiro en describir a forma.
 
Conceptos matemáticos como a [[recursividade]] e paradoxos lóxicos pódense ver nas pinturas de [[René Magritte]] e en gravados do citado [[Maurits Cornelis Escher|M. C. Escher]]. A arte computacional a miúdo fai uso de [[Fractal|fractais]], incluído o [[conxunto de Mandelbrot]], e ás veces, explora obxectos matemáticos como os autómatas celulares. De forma controvertida, ligando a [[óptica]] coa pintura, o artista [[David Hockney]] argumentou que desde o Renacemento en diante a maioría dos artistas utilizaron a cámara lúcida para debuxar representacións precisas de escenas; e o arquitecto Philip Steadman argumentou de maneira similar que [[Johannes Vermeer]] usou a [[cámara escura]] na composición das súas pinturas.
 
Outras relacións inclúen a análise algorítmica das obras de arte mediante a fluorescencia de raios X, ou o achado de que os batik tradicionais de diferentes rexións da [[Xava|illa de Xava]] teñen composicións fractais. A arte serviu en ocasións como estímulo para a investigación matemática, especialmente no caso da teoría da perspectiva de [[Filippo Brunelleschi]], que finalmente levou a Girard Desargues ao desenvolvemento da [[xeometría proxectiva]]. Unha visión persistente, baseada en última instancia na noción pitagórica da harmonía musical, sostén que o universo está organizado segundo relacións numéricas, que Deus é o xeómetra do mundo e que, por tanto, a xeometría é sacra, tal como se reflicte en obras de arte como ''O ancián dos días'' de [[William Blake]].