Pensamento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 79:
 
O [[inconsciente colectivo]], tamén coñecido como '' '''subconsciente colectivo''' '', é un termo de [[psicoloxía analítica]], ideado por [[Carl Gustav Jung|Carl Jung]]. É unha parte da mente [[inconsciente]], compartida pola [[sociedade]], un pobo, ou todos os [[Ser humano|humanos]], nun sistema interconectado que é o produto de todas as experiencias comúns e contén conceptos tanto de [[ciencia]] como de [[relixión]] e [[moral]]. Mentres que [[ Sigmund Freud | Freud]] non distinguía entre a psicoloxía dun "individuo" e unha "psicoloxía colectiva", Jung distingue o inconsciente colectivo do particular. O inconsciente colectivo tamén se coñece como "un depósito das experiencias da nosa especie".<ref>{{Cita publicación |apelido=Jensen|nome=Peter S.|apelido2=Mrazek|nome2=David|apelido3=Knapp|nome3=Penelope K. |apelido4=Steinberg |nome4=Laurence |apelido5=Pfeffer |nome5=Cynthia |apelido6=Schowalter |nome6=John |apelido7=Shapiro|nome7=Theodore|título=Evolution and Revolution in Child Psychiatry: ADHD as a Disorder of Adaptation|xornal=Journal of the American Academy of Child & Adolescent Psychiatry|data=decembro 1997|páxinas=1672–1681|volume=36|número=12|doi=10.1097/00004583-199712000-00015|lingua=en}}</ref>
 
Na [[psicoloxía do desenvolvemento]], [[Jean Piaget]] foi un pioneiro no estudo do desenvolvemento do pensamento desde o nacemento ata a madurez. Na súa [[Teoría do desenvolvemento cognitivo de Piaget|teoría do desenvolvemento cognitivo]], o pensamento baséase en accións sobre a contorna. Isto é, Piaget suxire que a contorna se entende mediante asimilacións de obxectos nos esquemas de acción dispoñibles, e estes acomódanse aos obxectos, ata o punto de que os esquemas dispoñibles quedan curtos respecto as demandas. Como resultado desta interacción entre asimilación e acomodación, o pensamento desenvólvese cunha serie de etapas que difiren cualitativamente as unhas das outras nas formas de representación e na complexidade da inferencia e a comprensión. É dicir, o pensamento evoluciona desde un estado no que se basea nas percepcións e accións na época sensor-motora durante os primeiros dous anos de vida, ata as representacións internas da infancia. Posteriormente, as representacións organízanse gradualmente, e entón operan sobre os principios abstractos que organizan propiedades concretas, na fase de operacións formais.<ref>{{Cita libro |apelido=Piaget |nome=Jean |título=The psychology of intelligence |lugar=Londres [u.a.]: Routledge|editorial=Routledge|ano=2001|isbn=0415254019||outros==traducido per Malcom Piercy|lingua=en|edición=Reprinted.}}</ref> Durante os últimos anos, a concepción de Piaget sobre o pensamento integrouse con concepcións do procesamento de información. Así, considérase que o pensamento é o resultado dos mecanismos responsables da representación e o procesamento da información. Nesta concepción, o [[tempo de reacción]], as [[funcións executivas]] e a [[Modelo de Baddeley-Hitch|memoria de traballo]] son as funcións básicas que fundamentan o pensamento.
 
== Notas ==