Francisco Sánchez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Woden (conversa | contribucións)
Liña 5:
 
== Traxectoria ==
Aínda que naceu en Tui, Sánchez foi bautizado en [[Braga]] o 25 de xullo de 1551 e pasou a súa nenezcrianza alí.<ref name=Limbrick>Elaine Limbrick e Douglas Thomson (ed), ''Quod nihil scitur'', Cambridge University Press, 1988, pp. 4-5</ref> O seuSeus pais foi Antonio Sánchez, médico español; e a súa nai Filipa de Sousa, de nacionalidadeorixe portuguesa.<ref>{{Cita libro |first=Rafael V. |last=Orden Jiménez |year=2012 |title=Francisco Sánchez, el Escéptico. Breve historia de un filósofo desenfocado |lingua=Castelán|url=http://www.larramendi.es/francisco_sanchez/i18n/cms/fichero.cmd?id=ms/francisco_sanchez/ficheros/fsanchez_estudio_fundacionlarramend.pdf}}</ref><ref>[http://purl.pt/369/1/ficha-obra-francisco_sanches%20.html Francisco Sanchez (ca 1551-1623) Filósofo, matemático e médico] - [[Biblioteca Nacional de Portugal]] {{pt}}</ref> De orixe [[xudaísmo|xudea]], aínda que convertido, foi considerado legalmente un [[cristián novo]].
 
O seu pai trasladouse a [[Francia]] e estabeleceuse en [[Bordeos]]. Alí comezou o seu fillo os seus estudos de medicina e continuounos en [[Italia]], residindo un longo tempo en [[Roma]]. Graduouse como doutor na escola médica de [[Montpellier]] en [[1573]], tras ser axudante do famoso médico [[Jean Hucher]], ''Chancelier de l'Université de Montpellier'', sorprendeu nunhas brillantes oposicións e ós vinte e catro anos obtivo unha das principais cátedras desa universidade, que desempeñou once anos ata que as guerras civís de relixión e as loitas do tempo da Liga fixéronlle abandonar e refuxiarse en Tolosa, onde viviu o resto dos seus días ocupado en practicar a medicina. Foi profesor da Facultade de Medicina de Tolosa, onde estudara dereito e medicina [[Miguel Servet]] de [[1528]] a [[1530]] e sentara cátedra [[Giordano Bruno]] entre [[1579]] e [[1581]].
Liña 11:
Declara no prólogo á súa obra filosófica máis ambiciosa, ''De multum nobili et prima universali scentia. Quod nihil scitur''. (Do máis nobre e universal primeiro saber. Que nada se sabe), ser un adversario do [[aristotelismo]] e do [[argumento da autoridade]]. Defendeu o exame directo de calquera realidade antes de tela como tal, sometendo os datos da experiencia á análise e crítica do xuízo, se ben o coñecemento, para el, só pode alcanzar os accidentes, non as pretendidas esencias das cousas. A única realidade cognoscible é o mundo externo. A filosofía de Sánchez, anticipando a crítica de [[David Hume]], detense nunha fenomenoloxía da probabilidade, xa que o noso coñecemento, soamente probábel, só o é de aparencias, de fenómenos. Nisto, como na súa esixencia de método, móstrase como un claro precursor de [[René Descartes]].
 
Sánchez escribiu o prólogo do seu ''Quod nihil scitur'' en [[1576]] e a obra cartesiana seméllase tanto no inicial á súa que o francés [[Pierre Daniel Huet]] acusou incluso ó famoso filósofo de plaxiarlle no que atinxe á "[[dúbida metódica]]", e é verdade que as primeiras páxinas do ''Discurso do método'' recordan bastante ó prólogo de Sánchez{{Cómpre referencia}}. Conta logo Sánchez como a súa curiosidade se lle indixestou non achando nada que colmase o seu desexo de coñecer e como nos antigos non atopou máis que "sombras de verdade", de forma que tivo que volver a si mesmo, coma se nada lle dixeran xamais, comezando a examinar as cousas mesmas, xa que así é a verdadeira forma de saber. Como Descartes, Francisco Sánchez diríxese a quen non están obrigados a admitir argumentos de autoridade e examinan as cousas co seu propio criterio, "guiados polos sentidos e a razón". Non promete a Verdade, pois a ignora. Anima ó lector: "Ti mesmo perseguirala, unha vez que sexa dalgún xeito descuberto e sacada do seu escondedoiro, mais non esperes atrapala nunca nin posuíla a propósito; básteche o mesmo que a min: acósaa".
[[Ficheiro:Francisco_Sanches_Diploma.jpg|miniatura|Sinatura no Diploma da Universidade de Mompilher.]]
Sánchez depende moi directamente da tradición escéptica de [[Pirrón]], que aparece tamén nos ''Ensaios'' de [[Michel de Montaigne]]. En efecto, en [[1562]] aparecían en latín os esbozos pirrónicos de ''Sexto Empírico'' traducidos do grego polo francés Henri Estienne e, en [[1569]], a tradución ó latín do ''Adversus Mathematicos'' ("Contra profesores dogmáticos") do mesmo autor.