John Mercanti: Diferenzas entre revisións

artista estadounidense
Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Artista|nome='''John M. Mercanti'''|nacionalidade=Estadounidense|páxina_web=|fillos=|cónxuxe=|proxenitores=|influenciado=|influenciado por=|obra..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de abril de 2021 ás 12:07

John M. Mercanti, nado o 27 de abril de 1943 en Filadelfia, Pensilvania, é un escultor e deseñador e gravador de moeda estadounidense, que ocupou ata 2010 o posto de gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos.[1][2][3]

John M. Mercanti

John M. Mercanti traballando no seu estudio.

Nome completoJohn Michael Mercanti
Nacemento27 de abril de 1943
  Filadelfia
Pensilvania.
Estados Unidos de América Estados Unidos
ÁreaEscultura, deseño e gravado.
Educación- Pennsylvania Academy of the Fine Arts.
- Universidade das Artes (Filadelfia).
ObrasMoedas circulantes e conmemorativas dos EEUU.
NacionalidadeEstadounidense
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Na súa xuventude, Mercanti estudou en Filadelfia, a súa cidade natal, na Pennsylvania Academy of Fine Arts, na Universidade das Artes e na Fleisher Art Memorial School.[4] Por outra parte, serviu tamén na Garda Nacional en Pensilvania durante seis anos.[1][2]

En 1974, Mercanti ingresou na US Mint como escultor-gravador axudante, no equipo dirixido por Frank Gasparro, e posteriormente traballou tamén como ilustrador.[4][5] O 19 de maio de 2006 foi nomeado "supervisor de deseño e mestre especialista en desenvolvemento de ferramentas", un posto equivalente ao anteriormente denominado "gravador xefe".[6] Esta situación mantívose ata o 3 de febreiro de 2009, cando o director da casa da moeda, Edward C. Moy, restableceu a denominación clásica do cargo e nomeou formalmente a John Mercanti como "gravador xefe".[1][2][7][8]

Logo do seu retiro en 2010 como gravador xefe da US Mint, en xuño de 2011 Mercanti integrouse como voceiro e imaxe pública da compañía Goldline International.[1][9] Tamén colabora profesionalmente con Professional Coin Grading Service (PCGS).[10][11]

Recoñecementos

John Mercanti foi recoñecido en 2021 co Premio á Arte Numismática pola Excelencia na Escultura da Medalla, outorgado pola American Numismatic Association (ANA).[10] A mesma entidade premiárao xa en 2001 co galardón ao Escultor do Ano.[3]

Obra artística

Ao longo da súa carreira na US Mint, Mercanti foi o responsable do deseño e do gravado de máis dun cento de moedas, máis que calquera outro gravador na historia da ceca estadounidense. Entre os seus traballos máis significativos destacan as moedas de prata e de platino das series Silver Eagle e Platinum Eagle.[2] Tamén é o autor de varias das moedas circulantes de cuarto dólar dedicadas a cada un dos estados dos EEUU, pertencentes á serie 50 State Quarters Program (en concreto as dos estados de Arcansas, Iowa, Carolina do Norte, Pensilvania e Virxinia Occidental).[12]

Escolma de traballos de John Mercanti

Publicacións

  • (2012). American silver eagles. A guide to the U.S. bullion coin program (con M. Standish). Whitman, Atlanta. ISBN 9780794837259
  • (2014). Morgan Dollar. Legendary coins and the making of the modern market: featuring the coins of the Coronet Collection. Whitman, Atlanta. ISBN 9780794842772

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "John M. Mercanti". USA Coin Book.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Men at the Mint: John Mercanti". Certified Coin Consultans Inc.
  3. 3,0 3,1 "John M. Mercanti. Engraver, sculptor". Prabook.com
  4. 4,0 4,1 "John Mercanti". askART.
  5. "Money maker. John Mercanti 63, Senior Engraver, U.S. Mint, Philadelphia". CNN Money. 19 de xaneiro de 2007.
  6. "John Mercanti elevated to head of U. S. Mint Engraving Department". En The E-Sylum. Vol. 9. Nº 22. 28 de maio de 2006.
  7. "John Mercanti". USA Coin Book.
  8. "Mercanti named 12th Chief Engraver of the U.S. Mint". En The E-Sylum. Vol. 12. Nº 10. 8 de marzo de 2009.
  9. "Goldline International Introduces Retired U.S. Mint Chief Engraver as Spokesperson". Business Wire. 28 de xuño de 2011.
  10. 10,0 10,1 "CoinWeek Coin Designer’s Profile: John M. Mercanti". En Coin Week. 18 de maio de 2015.
  11. "John M. Mercanti Agrees to Exclusive NGC Signature Label Deal". Numismatic Guaranty Corporation. 14 de decembro de 2015.
  12. "50 State Quarters Program". USA Coin Book.

Véxase tamén

Outros artigos