Hedy Lamarr: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
faltaba unha c nunha palabra
Liña 43:
Finalmente Lamarr non soportou o control á que a sometía o seu marido e decidiu separarse. Disfrazouse ela e a súa asistenta (se ben, ela mesma dixo que algunha anécdota da súa autobiografía fora inventada por un “negro”) e voaron a París. Pouco despois en Londres coñeceu a [[Louis B. Mayer]], que a contratou e lle deu o seu nome artístico.
 
En Hollywood interpretou personaxes arquetípicas e glamurosas, mulleres sedutorasseductoras de orixe exótica, como o de Dalila en ''[[Samson and Delilah (filme de 1949)|Samson and Delilah]]''. A partir de 1950 a súa carreira declinou e apareceu só esporadicamente en filmes.
 
O compositor [[George Antheil]] era veciño de Lamarr en California e experimentara con instrumentos musicais de control automático. Durante a [[segunda guerra mundial]] Lamarr e Antheil falaban da posibilidade de crear [[torpedo (arma)|torpedos]] controlados por radio. Lamarr aprendera sobre armamento asistindo a conferencias co seu primeiro marido. Ambos os dous desenvolveron a idea de usar unha especie de piano que empregaba unha temperá versión do [[salto en frecuencia]]. Porén, a mariña estadounidense non adoptou o sistema e a idea non foi posta en práctica ata a [[crise dos mísiles de Cuba]] en 1962, cando a patente xa expirara. Lamarr intentou entrar no National Inventors Council, pero membros como Charles F. Kettering indicaron que axudaría máis se empregaba a súa sona para a promoción de bonos de guerra.