Soberano (moeda): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 93:
Mais o rei non estaba satisfeito co seu busto e ordenou que se deseñase un novo, baseado no do escultor [[Francis Chantrey]], que era máis do seu agrado. Pero Pistrucci rexeitou copiar o traballo doutro artista, coa conseguinte prohibición de que seguise a traballar na Real [[Royal Mint|Casa da Moeda]].<ref name=":2" />
[[Ficheiro:Sovereign George IV 1828 651295.jpg|miniatura|'''Soberano''' de [[1828]] a nome de [[Xurxo IV do Reino Unido|Xurxo IV]] ([[Reverso (moedas)|reverso]]: [[Escudo|armas]] [[Reino Unido|nacionais]]).]]
Nesa conxuntura, encargóuselle ao segundo gravador (máis tarde [[Gravador xefe da Royal Mint|gravador xefe)]] [[William Wyon]] a translación ás moedas do busto de Chantrey, que apareceu xa nas moedas emitidas en [[1825]]. Tamén se decidiu prescindir do característico San Xurxo e o dragón, xa que ao novo mestre da ceca lle desagradaban varios sos seus aspectos. O redeseño encargóuselle ao gravador de moeda francés Jean Baptiste Merlen.<ref>Klancy, K. (2017). Páxinas 66-67.</ref> Os novos reversos amosaban presentou as [[Escudo do Reino Unido|armas reais do Reino Unido]], coroadas, cos [[león]]s de Inglaterra en dous dos seus cuartos, e os de Escocia e a [[arpa]] de [[Irlanda]] nos restantes. No escudo aparecen as armas coroadas de [[Casa de Hannover|Hannover]]. O San Xurxo e o dragón non volveron protagonizar os reversos dos soberanos ata [[1871]].<ref>Celtel, A.; Gullbekk, S. H. (2006). Páxina 99.</ref><ref>"[https://en.numista.com/catalogue/pieces13189.html 1 Sovereign - George IV]". En ''Numista''.</ref>
 
A ascensión ao trono de [[Guillerme IV do Reino Unido|Guillerme IV]] en [[1830]], á morte do seu irmán Xurxo, levou consigo novos cambios nos deseños dos soberanos. Do gravado do busto real encargouse novamente [[William Wyon]], baseándose tamén, como antano, nun busto esculpido por Chantrey. Utilizáronse dous bustos lixeiramente diferentes, co que habitualmente se fala dun "primeiro busto", utilizado na maioría das moedas emitidas en [[1831]] (o primeiro ano de produción) e nalgunhas de [[1832]], e un "segundo busto", utilizado nun prototipo da moeda datado en 1831 e nalgunhas pezas de [[1832]], e xa xeneralizado a partir de [[1833]].<ref name=":3">Marsh, M. A. (2017). Páxinas 21-27.</ref>