Boris III de Bulgaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 123:
Preocupada coa visita a Hitler, o 19 de novembro a Unión Soviética propuxo a Boris un pacto bilateral, pero este tamén o rexeitou. Alarmados coa noticia, os nazis reiteraron a súa proposta o 21 de novembro, seguida doutra da Unión Soviética o 25 dese mesmo mes; intentando gañar tempo, Boris rexeitou amablemente ambas ofertas.{{sfn|Aslanian|2004|p=351}}
 
=== O novo aliado de Alemaña ===
[[Ficheiro:Boris III de Bulgarie en compagnie d'Hitler.jpg|250px|dereita|miniatura|Boris III e Adolf Hitler.]]
En xaneiro de 1941, tralo fracaso italiano en Grecia, Hitler enviou axuda a Mussolini. As tropas alemás tiñan que atravesar Romanía e Bulgaria, polo que Boris foi obrigado a unirse ao Pacto Tripartito: [[Bodgan Filov]] asinou a adhesión o [[1 de marzo]] de [[1941]]. Ese mesmo día, o exército alemán entrou en territorio búlgaro. Con todo, Boris negouse a participar nas operacións militares, polo que os alemáns propuxéronlle en abril dese mesmo ano que as tropas búlgaras ocupasen os territorios xa conquistados de [[Tracia]] e [[Macedonia (rexión histórica)|Macedonia]]. Para abordar o problema do irredentismo, Alemaña concedeu a Bulgaria a administración de gran parte dos [[Balcáns]], o que lle valeu a Boris o alcume de «O Reunificador».{{sfn|Aslanian|2004|p=352}} O 13 de decembro de 1941 Bulgaria declarou simbolicamente a guerra a [[Inglaterra]] e aos [[Estados Unidos]], cos cales -debido á distancia xeográfica- o risco de confrontación militar era pouco probable.{{sfn|Aslanian|2004|p=355}}
 
=== Os xudeus búlgaros ===
O [[29 de decembro]] de [[1940]], o goberno creou o «Brannik», organización xuvenil inspirada nas [[Xuventudes Hitlerianas]].<ref name="Brannik">{{cita web|url=http://www.bg-history.info/calendar/1222/Sus-zakon-e-suzdaden-%22%3BBrannik%22%3B.html|título=Със закон е създаден "Бранник"|dataacceso=31 de marzo de 2012|lingua=búlgaro}}</ref> Catro días antes, a Asemblea Nacional aprobara a «Lei de Protección da Nación», a primeira medida antisemita, que afectaba a preto de cincuenta mil xudeus. Malia a rápida reacción popular contraria á aprobación da lei, esta entrou en vigor o [[13 de xaneiro]] de [[1941]].{{sfn|Aslanian|2004|p=357}}
 
Atendendo unha esixencia de Hitler, que esixía a resolución da «[[cuestión xudía]]» en territorio búlgaro, o [[26 de agosto]] de [[1942]] creouse unha comisión de asuntos xudeus, responsable no seu inicio de aplicar restricións á poboación hebrea: [[toque de queda]] obrigatorio, arresto domiciliario, racionamento de alimentos e uso da [[Insignia amarela|estrela amarela]] na roupa. Posteriormente, a comisión empezou a organizar a deportación de xudeus cara aos [[campo de concentración|campos de concentración]]. Para asegurarse que as medidas fosen postas en práctica, Hitler enviou a Bulgaria a un especialista: [[Theodor Dannecker]], oficial das [[Schutzstaffel|SS]].<ref name="Maurel">{{cita web|url=http://www.editions-harmattan.fr/index.asp?navig=catalogue&obj=article&no=2474|título=Comment la Communauté Juive de Bulgarie fut Sauvée du Génocide|apelido=Maurel|nome=Olivier|obra=L'Harmattan|dataacceso=31 de marzo de 2012|lingua=francés|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20140201171802/http://www.editions-harmattan.fr/index.asp?navig=catalogue&obj=article&no=2474|data-arquivo=1 de febreiro de 2014}}</ref>
 
Trala deportación de 11&nbsp;363 xudeus que vivían nos territorios ocupados de Tracia e Macedonia, chegou a quenda dos que vivían en Bulgaria. A poboación, indignada, protestou enerxicamente; moitas personalidades mobilizáronse contra estas medidas, entre elas Dimitar Pešev, vicepresidente do Parlamento, e Estevo I, [[Exarca (cristianismo)|exarca]] metropolitano de [[Sofía, Bulgaria|Sofía]], que simbolizaban este movemento e convenceron a Boris de negarse.<ref name="Maurel"/>
 
Os xudeus con cidadanía búlgara estaban relativamente a salvo da deportación a territorio ocupado polos alemáns. Con todo, todos os homes xudeus búlgaros de entre 20 e 40 anos de idade foron recrutados para traballos forzados logo de 1941, e en maio de 1943 o goberno do país anunciou a expulsión de 20&nbsp;000 xudeus de [[Sofía, Bulgaria|Sofía]] cara ás provincias (en 1934, Sofía tiña aproximadamente 26&nbsp;000 habitantes xudeus, quen representaban o 9 por cento da poboación total da capital). A policía reprimiu brutalmente as protestas organizadas por búlgaros xudeus e non xudeus. Ao cabo dunhas dúas semanas, expulsaran pola forza a case 20&nbsp;000 xudeus.<ref>{{Cita web|url=https://encyclopedia.ushmm.org/content/es/article/bulgaria|título=Bulgaria {{!}} Enciclopedia del Holocausto|dataacceso=2021-03-29|páxina-web=encyclopedia.ushmm.org}}</ref>
 
En maio de 1943, o Goberno ideou un segundo intento de deportación. A poboación opúxose de novo e organizouse un gran acto que reuniu a preto de dez mil acodes ante o palacio do tsar.<ref name="Maurel" /> Boris, en liña co sentimento popular, asumiu a non deportación de xudeus e alegou ao enfurecido ''Führer'' que «necesitaba moito a "os seus" xudeus para o mantemento dos seus camiños».{{sfn|Aslanian|2004|p=359}} Grazas a esa decisión, os xudeus búlgaros puideron escapar dos campos de concentración.
 
== Morte misteriosa ==
[[Ficheiro:Tzar Boris III Grave.JPG|miniatura|dereita|Tumba de Boris III.]]
[[Ficheiro:Grateful Macedonia to her Tzar Liberator Boris III.JPG|miniatura|dereita|Escultura regalo da poboación de Osoi, coa inscrición: «Ao tsar Boris III, "O Libertador", de parte da agradecida Macedonia».]]
En 1943, a guerra sufriu un cambio de signo coa [[batalla de Stalingrado]] e as cousas empezaron a complicarse para Alemaña. Ao darse conta disto, e querendo evitar o mesmo erro que o seu pai 25 anos antes, Boris iniciou contactos secretos con diplomáticos estadounidenses.{{sfn|Aslanian|2004|p=362}}
 
Ao coñecer estes rumores, Hitler convocouno o [[14 de agosto]] de [[1943]] ao cuartel xeral da fronte oriental, próximo a [[Kętrzyn|Rastembork]] en [[Prusia Oriental]]. A reunión foi bastante tensa: o chanceler recordoulle todo o que lle debía a Alemaña sen que nunca se lle cobrou nada. Certamente, desde o inicio da guerra, Bulgaria nunca estivo moi involucrada no conflito. A súa axuda resumiuse ao envío dun equipo médico ao [[Fronte Oriental (Segunda Guerra Mundial)|Fronte Oriental]] en outubro de 1941.
 
Hitler ordenou a Boris que dispuxese as súas tropas nunha nova fronte no suroeste, coa esperanza de dispersar as forzas soviéticas. O tsar negouse a atender esta proposta e abandonou o despacho tras 45 minutos de reunión, moi abatido. Volveu a Sofía o día seguinte nun avión alemán. Nove días logo da reunión, o 23 de agosto, sen que presentase síntomas de ningunha enfermidade, Boris empezou a padecer vómitos violentos.{{sfn|Nikolaev|1952|p=192}} Cinco días despois, o [[28 de agosto]] de [[1943]], aos 49 anos de idade, morreu o tsar Boris.{{sfn|Nikolaev|1952|p=192}}
 
Esta «oportuna» morte é aínda moi controvertida. Algúns acusaron rapidamente a Hitler de haber envelenado ao testudo monarca coa expectativa da chegada ao poder dun goberno máis de acordo cos seus puntos de vista. O asunto nunca se resolveu e moitos aínda creen que Boris foi asasinado, aínda que non haxa probas diso. Segundo o diario do coronel alemán von Schoenebeck, residente naquela época en Sofía, os dous médicos alemáns que atenderon ao tsar -Sajitz e [[Hans Eppinger]]- creron que o rei morrera pola acción do mesmo veleno que Eppinger atopara dous anos antes no exame ''post mortem'' do primeiro ministro grego [[Ioannis Metaxás]], un veleno lento que tarda semanas en facer efecto e provoca a aparición de manchas na pel da vítima antes da morte.{{sfn|Steinhouse|2008|p=213}}
 
Durante o proceso ao que foi sometido polos comunistas en 1945 por [[colaboracionismo]] e traizón, o seu irmán, o príncipe [[Cirilo de Bulgaria|Cirilo]], declarou que Boris fora envelenado durante o voo de volta a Bulgaria o 14 de agosto. O piloto voara a unha altitude moi elevada e forzaría ao tsar a inhalar un veleno contido na máscara de osíxeno.<ref name="Time7">{{cita noticia|url=http://archive.wikiwix.com/cache/?url=http://www.time.com/time/magazine/article/0,9171,791919,00.html?promoid=googlep&title=Article%20du%20Time%20du|título=Mysticism & Murder|data=22 de xaneiro de 1945|obra=Time|dataacceso=31 de marzo de 2012|lingua=inglés}}</ref>
 
Porén, o informe da [[autopsia]] que se divulgou na época indicou que Boris III sufriu unha [[trombose]] na [[arteria coronaria]] esquerda,{{sfn|Nikolaev|1952|p=192}} pneumonía bilateral, [[edema pulmonar]] e [[edema cerebral]],<ref name="De Bello">{{cita web|url=http://ww2.debello.ca/balkans/czar.html|título=''Czar Boris' Death''|apelido=Aleksandrova|nome=Silviya|obra=De Bello|idioma=inglés|dataacceso=31 de marzo de 2012|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20151224000112/http://ww2.debello.ca/balkans/czar.html|data-arquivo=24 de decembro de 2015}}</ref> e que morreu dun [[ataque cardíaco]] debido ao [[estrés]] que viña sufrindo.<ref name="Britannica"/><ref name="De Bello"/>
 
== Bulgaria tras a súa morte ==
[[Ficheiro:Bulgarien 0905.JPG|miniatura|esquerda|[[Monasterio de Rila]], onde o tsar foi soterrado.]]
A súbita desaparición do tsar levou ao trono ao seu fillo de seis anos, [[Simeón II de Bulgaria|Simeón]]. Creouse un consello de rexencia composto polo seu tío, o príncipe [[Cirilo de Bulgaria|Cirilo]], o primeiro ministro [[Bogdan Filov]] -alcumado o «vice tsar»- e o ministro de Guerra, [[Nikola Mihov]]. Tamén se invitou a formar parte do consello de rexencia ao representante metropolitano da [[Igrexa ortodoxa búlgara]], Filaret Lovchansky, pero este rexeitou a invitación.{{sfn|Snejdarek|1986|p=53-57}}<ref name="IOB">{{cita web|url=http://www.sedmitza.ru/text/856931.html|título=Болгарская Православная Церковь в годы Второй мировой войны|apelido=Шкаровский|nome=M.B.|lingua=ruso|dataacceso=31 de marzo de 2012}}</ref>
 
Neste período, os [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|Aliados]] pasaron á ofensiva. O Goberno intentou manterse neutral no conflito, pero xa era demasiado tarde: o 5 de setembro de 1944, a Unión Soviética declarou a guerra a Bulgaria.{{sfn|Batowski|1971}} Ao día seguinte, unha revolta levou ao poder ao [[Fronte Patriótico (Bulgaria)|Fronte Patriótico]], unha coalición dominada polos comunistas e pola «[[Zveno]]». O novo Goberno, presidido polo ex primeiro ministro republicano [[Kimon Georgiev]], promoveu violentas [[Purga (política)|purgas]], durante as cales preto de dezaseis mil acodes foron executadas sen xuízo previo. En outubro de 1944 comezou unha serie de procesos que condenaron a 2730 persoas a morte; entre estas atopábanse diversos representantes do antigo réxime, como os tres rexentes,<ref group="Nota">O príncipe Cirilo foi executado o [[1 de febreiro]] de [[1945]].</ref> 22 ex-ministros, 67 deputados, oito conselleiros do tsar e 47 oficiais superiois.<ref name="Ruch"/>
 
Tralo final da purga, o Goberno empezou a ocuparse da familia real. O 24 de abril de 1946, as autoridades obrigárona a exhumar o corpo de Boris III, que foi máis tarde sepultado nun lugar secreto.<ref name="Balkan">{{cita web|url=http://www.balkantravellers.com/en/read/article/2145|título=A grave for the heart of Tsar Boris III|obra=Balkan Travellers|dataacceso=31 de marzo de 2012|lingua=inglés|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20110110083154/http://www.balkantravellers.com/en/read/article/2145|dataarquivo=10 de xaneiro de 2011}}</ref> Posteriormente, en setembro de 1946, un plebiscito puxo fin ao réxime monárquico e a familia real viuse obrigada a exiliarse, nun primeiro momento en [[Reino de Exipto|Exipto]]<ref name="Exile">{{cita noticia|data=1 de setembro de 1946|título=Bulgar Royal Family Preparing for Exile|publicación=The Palm Beach Post-Times|lugar=Florida (EEUU)|volume=XIII|número=31|páxina=1|lingua=inglés|url=http://news.google.com/newspapers?nid=1964&dat=19460901&id=4ooyAAAAIBAJ&sjid=yLYFAAAAIBAJ&pg=6052,4674021|dataacceso=31 de marzo de 2012}}</ref> e posteriormente en [[España]].
 
Tras a caída do comunismo, descubriuse unha vasilla de cristal co corazón do tsar no instituto de medicina do Ministerio do Interior, extraído durante o embalsamamento do monarca. En agosto de 1993, para conmemorar o 50 aniversario da súa morte, a súa viúva Xoana depositouno de novo no [[mosteiro de Rila]], aínda que o corpo segue en paradoiro descoñecido.{{sfn|Bulgaria}}
 
== Notas ==