Castelo de Sobroso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Villasobrosomondariz020.jpg|miniatura|esquerda|250px|Ronda da muralla.]]
[[Ficheiro:Castelo do Sobroso, Vilasobroso, Pontevedra.jpg|dereita|miniatura|250px|Unha vista do castelo.]]
No territorio de Vilasobroso foi onde tivo a orixe o antigo señorío de Sobroso, na actualidade [[marquesado de Sobroso]], dende o [[18 de maio]] de [[1625]].
 
Liña 12:
 
Polas súas estancias pasou a [[Urraca de León e Castela|raíña Urraca]], o seu fillo o rei [[Afonso VII]] (que foi coroado rei neste castelo), e os Sobroso, familia propietaria do castelo, emparentados co rei [[Afonso IX]]. No ano [[1117]] dona Urraca, tralo seu segundo casamento con [[Afonso I de Aragón]], foi cercada polo exército dos partidarios do seu fillo. Asediada polo [[conde de Traba]] e [[Tareixa, condesa de Portugal|Tareixa de Portugal]], a raíña fuxiu supostamente por un pasadizo que a levou até as [[río Tea|ribeiras de Tea]] exiliándose a [[León, España|León]], onde comezou as negociacións co bispo [[Diego Xelmírez]], feitos estes narrados na [[Historia Compostelana|''Historia Compostelá'']].
[[Ficheiro:Villasobrosomondariz001.jpg|miniatura|Detalle da fortificación.]]
[[Ficheiro:Villasobrosomondariz004.jpg|miniatura|Porta principal.]]
 
No ano [[1190]] o rei [[Fernando II de León e Galicia|Fernando II]] nomea ''tenens'' do castelo a Pedro Muniz. Tamén aquí se celebrou a voda do rei de [[Portugal]], [[Dinís de Portugal|Dinís I]], con Isabel, filla de [[Pedro III de Aragón]], máis tarde canonizada como santa Isabel de Portugal. No ano [[1275]], María Alfonso, sendo monxa no [[convento de Tabara]], deu a súa parte do castelo ao abade Gómez Fernández que rexía o [[Mosteiro de Santa María de Melón|mosteiro de Melón]]. No ano [[1368]] o castelo é posesión de Álvaro Pires de Castro, irmán de [[Inés de Castro]], representante en Galicia de [[Pedro I de Castela]], o Cruel, que despois do triunfo de [[Henrique II de Castela|Henrique II]] se ve obrigado a refuxiarse en Portugal, onde recibe do rei [[Fernando I de Portugal]] os condados de Arraiolos e de Viana da Foz do Lima. A fortaleza foille outorgada a [[Pedro Ruíz Sarmiento]], adiantado maior de Galicia e señor de [[Ribadavia]], polo rei [[Xoán I de Castela|Xoán I]], no ano [[1379]].
Liña 29:
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Castelo de sobroso capela.jpg|miniatura|esquerda|250px|Capela do castelo.]]
De pequenas dimensións e planta poligonal irregular ocupa un espazo de 360 metros cadrados. Rodéase dun camiño costento que formaba parte da súa defensa. Este amplo camiño de ronda atravesa o ángulo nordeste do recinto interior, sostido por canzorros de pedra. O seu estilo é da [[arquitectura románica|románico compostelán]]. Componse de tres corpos: cerca exterior, corpo residencial e a torre da homenaxe.
 
Liña 37:
 
=== A torre da homenaxe ===
[[Ficheiro:Villasobrosomondariz018.jpg|250px|miniatura|dereita|Torre da homenaxe.]]
A [[torre da homenaxe]] ten forma de L e sitúase ao oeste, pegada ao corpo poligonal. Cunha altura de trece metros, está realizada en perpiaños que conservan gran cantidade de marcas de canteiros e brasóns. Os muros chegan a ter un espesor de metro e medio. Remátase cun parapeto voado de complexa moldura e garitas cilíndricas nas esquinas apoiadas en modillóns escalonados en tronco de cono de estrutura similar. Na base, as latrinas da torre da homenaxe do castelo de [[Puebla de Sanabria]], que son de influencia castelá e tamén se poden ver en [[Castelo de Monterrei|Monterrei]], [[Castelo de Castro Caldelas|Castro Caldelas]] e [[Castelo de Tebra|Tebra]], e con ameas montadas sobre un pretil cego que se apoia sobre un pequeno beiril a modo de moldura en cincha.
 
Liña 44:
 
== Situación actual ==
[[Ficheiro:Villasobrosomondariz017.jpg|miniatura|dereita|250px|Tear no museo.]]
Na actualidade atópase en excelente estado de conservación e é propiedade do veciño concello de [[Ponteareas]], vila que dista sete quilómetros. Este converteuno nun lugar no que recreou a vida medieval e unha tradicional casa rural, con lugares dedicados a expoñer a artesanía do liño (incluso se pode ver un [[Batán (máquina)|batán]]), e outras artesanías configurando un Museo etnográfico, amais dun significativo Museo do Traxe Galego e un centro de recuperación da cultura popular. O conxunto denomínase [[Museo histórico e etnográfico do Condado]].