Reloxo de peto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Redirixida cara a "Reloxo#O reloxo de peto"
Etiqueta: Nova redirección
 
Iniciando páxina traducindo dende es:Reloj de bolsillo
Etiqueta: Redirección eliminada
Liña 1:
Denomínase '''reloxo de peto''' ao [[reloxo]] que polo seu pequeno tamaño pódese levar nun peto e, polo xeral, posúe unha cadea pendurante metálica (de [[ouro]], [[prata]], [[níquel]], etc.) para suxeitalo chamada leontina. Outros dos elementos importantes é o bisel, que é o aro de metal onde vai inserido o cristal que protexe a esfera. Os reloxos de peto están en desuso dende o [[século XX]], pois foron substituídos polo reloxo de pulseira; con todo, utilizalo é visto por algunhas persoas como signo de elegancia, etiqueta e posesión de riquezas. Foron inventados en Francia a mediados do [[século XV]].
#REDIRECCIÓN [[Reloxo#O reloxo de peto]]
 
== Funcionamento ==
[[Ficheiro:Mecanismo muelle en espiral.jpg|thumb|center|500px|Ilustración que amosa o mecanismo co resorte en espiral.]]
 
O escape de varilla duplícase aos reloxos de peto. O [[fuso]] ou conoide é o dispositivo inventado para garantir uniformidade á acción do resorte, cuxa enerxía diminúe a medida que se vai descargando. O conoide ten forma de tronco de cono cun acanalado en espiral polo que pasa un cordonciño. Este cordonciño vai atado ao tambor do resorte principal. Cando o resorte está enrolado ao máximo, actúa mediante o cordonciño sobre o conoide na parte onde o diámetro é menor; cando o resorte está case descargado por completo, actúa sobre a sección do conoide onde está o diámetro maior da pirámide. Deste xeito, a forza impresa ás engrenaxes resulta uniforme.<ref>{{cita libro|apelidos=M. Cipolla|nome=Carlos|título=Las máquinas del tiempo|ano=2011|editorial=Crítica}}</ref>
 
== Tecnoloxía cultural ==
O reloxo de peto apareceu na época dunha revolución científica. Naceu dunha concepción mecanicista do universo e da vida. Impulsou o levar unha vida máis ordenada ao medir con maior precisión actividades que denantes non se medían ou o facían cunha aproximación vaga.
Dende os seus inicios, o reloxo de peto foi símbolo de emulación e prestixio. En 1481, o rei [[Luís XI]] de Francia pagou 16 liras e dez soldos (de moeda tornesa) ao reloxeiro Jehan de París, por un reloxo portátil provisto de cuadrante que soa as horas. Mesmo mandou que aparecese pintado nun dos seus retratos oficiais.<ref>{{cita libro|apelidos= Gélis|título= Horlogerie|páxinas=4-6}}</ref>
 
O reloxo de peto constituíu ademais unha excepción debido ás súas relacións coa [[astronomía]]. Cos grandes descubrimentos astronómicos dos séculos XVI e XVII e a gran expansión da navegación, advertiuse a necesidade de dispoñer de reloxos de precisión portátís e pequenos que determinasen a lonxitude e a posición exacta dos astros.
 
O físico inglés [[Derek John de Solla Price]] afirmou que ''deberíase separar ao reloxo da historia da medición do tempo, e relacionalo máis ben coa máis longa e antiga historia dos modelos astronómicos, coma o [[astrolabio]] e o [[equatorium]]''.
 
== Notas e referencias ==
{{Listaref}}
 
[[Categoría:Reloxos]]