James Joyce: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: edición de código 2017
m →‎Irlanda: ligazón
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 16:
=== Irlanda ===
[[Ficheiro:Joyce oconnell dublin.jpg|miniatura|Estatua de Joyce preto da rúa O'Connell en [[Dublín]].]]
O máis vello dos dez fillos, James Joyce naceu nunha numerosa familia católica no arrabalde de [[Rathgar]], en [[Dublín]]. A familia do seu pai, proveniente de [[Cork]], era de ricos comerciantes. En [[1887]], o pai, John Stanislaus Joyce, anteriormente secretario nunha destilaría, foi nomeado cobrador de taxas inmobiliarias pola ''Dublin Corporation'' (o Consello Municipal); a familia mudou daquela para o novo e elegante arrabalde de Bray. Ao ano seguinte, o rapaz comeza a súa educación no Clongowes Wood College, un internado no [[Condado de Kildare]].
 
En [[1891]], Joyce escribiu o poema, ''Et Tu Healy'', sobre a morte de [[Charles Stewart Parnell]]. Seu pai mandouno imprimir e até mandou unha copia para a biblioteca do [[Vaticano]]. En novembro do mesmo ano, o nome de John Joyce foi inscrito na Stubbs Gazette (un rexistro oficial de falencias) e afastado do traballo. En [[1892]], Joyce ten que saír de Clongowes, xa que seu pai non podía pagar a matrícula; en [[1893]], o pai foi dimitido cunha pensión. Así comezou o descenso cara a pobreza da familia, principalmente debido ao consumo de alcol por John Joyce e a súa ineptitude financeira en xeral. O pai seria o modelo para o carácter de Simon Dedalus no ''Retrato do artista cando novo'' e ''Ulises'', así como o do tío do narrador en diversos contos de ''Dublineses''.