Diferenzas entre revisións de «Xanuli I da Coruña»

m
Arranxiño
(Fonte)
m (Arranxiño)
Como a maior parte das [[Cícladas]], Sifnos caera baixo o poder do [[Ducado de Naxos|Ducado do Arquipélago]] da familia Sanudo, como consecuencia da [[Cuarta Cruzada]].{{sfn|Freely|2006|p=50}} A continuación, recuperouna para o [[Imperio bizantino]] o aventureiro [[Licario]] na década de 1270,{{sfn|Miller|1908|p=141}} e mantívose baixo control bizantino ata a conquista de Xanuli.{{sfn|Miller|1908|p=584}} Os Sanudo, duques do Arquipélago, que consideraban a illa súa por dereito, protestaron a acción de Xanuli, pero foi en balde{{sfn|Miller|1908|p=584}}. Xanuli I mantívose no poder ata 1322, en que sucedeuno o seu fillo [[Otuli de Sifnos|Otuli ou Antonio]].
 
Xanuli I casou cunha filla de Federico II Giustiniani ''Belletto'' de Ceos, señor dunha parte de Ceos, dunha parte de [[SérifosSerifos]] e de Sifnos.<ref>{{cita web |url=https://www.maltagenealogy.com/da-corogna |título=Da Corogna Family |data=29-11-2018 |dataacceso=8-4-2021 |páxina-web=Malta Genealogy |lingua=en}}</ref><ref>{{cita web |url=https://reyesydinastias.blogspot.com/2015/11/el-ducado-de-naxos-1207-1572-ii-la.html |páxina-web=Reyes y dinastías. Pueblos e Imperios de Tiempos Pasados. Blog dedicado a la Cronología y Genealogía de las Dinastías de todo el planeta y en todas las épocas |título=El Ducado de Naxos (1207-1572) II: La Dinastía Crispo (1383-1572) |data=9-11-2015 |dataacceso=8-4-2021 |lingua=es}}</ref> Con ela tivo ao seu sucesor e a unha filla que casou con Marino Barozzi de la Roche, da familia dos marqueses de [[Thirasia]].<ref>{{cita web |url=https://www.geni.com/family-tree/index/6000000083260808258 |título=Lord Januli da Corogna, I |páxina-web=Geni Tree |lingua=en |dataacceso=8-4-2021}}</ref>
 
A familia Coruña continuou mantendo a illa como un señorío independente ata [[1456]], cando pasou á familia [[Gozzadini]], que á súa vez a gobernou ata que foi anexada polo [[Imperio otomán]] en [[1617]].{{sfn|Freely|2006|p=50}}
11.752

edicións