Balor mucilaxinoso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
[[Ficheiro:Haeckel Mycetozoa.jpg|miniatura|dereita|[[Micetozoos]] no libro de 1904 de [[Ernst Haeckel]] ''Kunstformen der Natur'' (Formas artísticas da natureza).]]
 
'''Balor (ou mofo) mucilaxinoso (ou mucoso)''' é un termo de significado amplo que se usa para designar a certos grupos de organismos [[protistas]] que utilizan [[espora]]s para reproducirse, pero que non ten significado [[taxonomía|taxonómico]]. Os balores mucilaxinosos foron inicialmente clasificados como [[fungo (bioloxía)|fungos]], xa que se parecían a eles, pero xa non son considerados parte do reino dos fungos, polo que non hai que confundilos cos verdadeiros [[mofo|balores ou mofos]], que si o son.<ref name="urlIntroduction to the Slime Molds">{{Cita web |url=http://www.ucmp.berkeley.edu/protista/slimemolds.html |title=Introduction to the "Slime Molds" |publisher=University of California Museum of Paleontology |accessdate=2009-04-04 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140731164620/http://www.ucmp.berkeley.edu/protista/slimemolds.html |dataarquivo=31 de xullo de 2014 |urlmorta=yes }}</ref> O termo inclúe a grupos diversos, que non están relacionados entre si, pero aínda se usa moito por conveniencia para agrupar a certo tipo de [[protista]]s.
 
Hai máis de 900 especies de balores mucilaxinosos ou mofos mucosos, cunha grande variedade de cores, distribuídos por todo o mundo. O seu nome común débese a que durante parte do seu ciclo de vida estes organismos forman unha mucilaxe xelatinosa na que están incluídas moitas células. Esta fase do ciclo vese principalmente nos [[Myxogastria]], que son mofos mucosos macroscópicos grandes. A maioría dos balores mucilaxinosos son de tamaño menor a uns poucos centímetros, pero algunhas especies poden chegar a ter áreas de varios metros cadrados e masas de ata 30&nbsp;gramos.<ref>{{Cita web |url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/12026071 |title=Zinc Accumulation by the Slime Mold ''Fuligo septica'' (L.) Wiggers in the Former Soviet Union and North Korea |accessdate=12 December 2009 }}</ref>