Diferenzas entre revisións de «Teseo»

m
(corrixo lig. int.)
 
 
== Traxectoria ==
Exeo, que non tivera descendencia e que recorrera ao [[Oráculo de Delfos|oráculo]] de [[Delfos]] para acadala, ignoraba que da súa relación fugaz con Etra nacera Teseo. Así que a infancia de Teseo transcorreu na compaña da súa nai na cidade de [[Trecén]]. Cando cumpriu os dezaseis anos a súa nai desveloulle o segredo da súa paternidade e entregoulle unha espada e unhas sandalias de ouro que pertenceran a seu pai.
 
=== Viaxe a Atenas ===
=== Teseo e o Minotauro ===
 
Desde había moito tempo, Atenas estaba obrigada a entregar cada ano un tributo a [[illa de Creta|Creta]], que consistía no sacrificio de sete mozos e sete doncelas para seren devorados polo monstro chamado [[Minotauro]], que tiña cabeza de touro e corpo de home, e nacera dos amores de Pasífae, esposa de Minos, cun touro branco. [[Minos]] encerrárao no [[Labirinto]], construción complicada do arquitecto [[Dédalo (mitoloxía)|Dédalo]], na que era fácil entrar pero practicamente imposíbel saír. Teseo ofreceuse a ir. Unha vez alí, propuxo ao rei Minos que se daba acabado co monstro quedarían libres os catorce mozos e Atenas exenta do tributo. Minos aceptou a proposta.
 
A principal preocupación de Teseo era o modo de saír do Labirinto e nisto entrou en xogo [[Ariadna (mitoloxía)|Ariadna]], filla de Minos, que se namorou del e o axudou a se librar da morte no Labirinto ofrecéndolle un novelo de fío para que non se perdese no interior daquel lugar. Teseo seguiu as instrucións de Ariadna, conseguiu matar o monstro e fuxir de Creta no seu barco xunto con Ariadna e o resto dos mozos que o acompañaran.
=== Volta a Atenas ===
 
Teseo continuou a súa viaxe triunfal cara a Atenas, pero cometeu un tremendo erro. Dixéralle a seu pai que á volta da súa viaxe, seise saía vencedor naquela empresa, había izar unha bandeira branca en sinal de vitoria; en caso contrario, se perecese, regresaría a embarcación coa súa acostumada bandeira negra. Teseo esqueceu cambiar a bandeira, e seu pai, que veu desde unha torre como se acercaba o barco polo horizonte portando a bandeira negra, desconsolado, botouse ao mar e morreu. A ese mar que baña as costas de Grecia chámaselle desde entón mar [[Exeo]].
 
Unha vez en Atenas e tras herdar o trono de seu pai, casou cunha das [[Amazonas (mitoloxía)|Amazonas]] (mulleres guerreiras que vivían cerca do [[Cáucaso]]), [[Antíope]], que lle deu un fillo chamado [[Hipólito]]. Ao pouco tempo Teseo repudiou á súa esposa para casar con [[Fedra]], filla tamén do rei Minos. Dise que [[Acamante]] foi fillo del. Fedra namorouse perdidamente do seu fillastro Hipólito e acosábao, pero so obtiña o desdén de Hipólito. Así que, véndose deshonrada pola vergoña e nun arrebato de rabia suicidouse, deixando como vinganza unha nota ao seu esposo Teseo na que dicía que Hipólito tentara violala. Teseo, enfurecido, desterrou ao seu fillo, que morreu vítima do ataque dun monstro mariño enviado polo deus Neptuno a instancias de Teseo.
 
=== Últimos días de Teseo ===
 
Xa en idade avanzada, Teseo acompañou ao seu amigo [[Piritoo]] ao [[Inferno]], xa que este último quería raptar a [[Perséfone]], a esposa de [[Hades]], para casar con ela. Pero o deus do Hades lles tendeu unha trampa: invitounos a un banquete e unha vez que os tivo sentados á mesa, deixounos adheridos aos asentos. Teseo foi rescatado por [[Heracles]], que coa súa forza logrou despegalo do aseentoasento; en cambio, Piritoo permaneceu condanadocondenado a quedar alí para toda a eternidade.
 
Á súa volta dos infernos, nos últimos anos da súa vida, Teseo encontrouse cun caos total no goberno da súa cidade e decidiuse a se desterrar voluntariamente á illa de [[Esciros]] onde foi asasinado polo seu rei [[Licomedes]].
2.700

edicións