Diferenzas entre revisións de «Aníbal»

m
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
Malia a oposición dos nativos ([[Galia#As Galias|galos cisalpinos]]) e da dureza do descenso, logrou cruzar os [[Alpes]] pisando por fin chan romano, dando ao traste cos intentos dos romanos de manter o seu territorio á marxe da guerra. Pero as baixas foran terribles; non quedándolle máis que 20.000 infantes, 6.000 cabalos e 37 elefantes para facer fronte a un pobo que podía opoñerlle un exército de 800.000 soldados.
 
Tras un pequeno descanso para reparar o seu exhausto exército, enfrontouse aos taurinos (de Taurini, a actual [[Turín]]), derrotándoos e proseguindo o seu avance ao longo do [[río Po]] obrigando aos romanos a evacuar a [[Lombardía]] pola superioridade da súa cabalería. A maior parte dos galos cisalpinos (celtas), que conservaban a xenreira da recente derrota sufrida a mans dos romanos, incorporáronse ao exército de Aníbal, sobre todo trala súa vitoria na [[batalla do Trebia]], río afluente do Po, en decembro de [[-219|219 a.C.]] nas proximidades de [[PlacenciaPiacenza]], primeira batalla formal entre Aníbal e os romanos da [[segunda guerra púnica]].
 
Trala vitoria e asegurada a súa posición, Aníbal decidiu acuartelar as súas tropas para invernar, pero sospeitando a deserción dos galos, determinou atravesar os [[Apeninos]] buscando ao sur unha base de operacións máis segura. Marchou na primavera de [[-217|217 a.C.]] sobre [[Arezzo]], axiña que como llo permitiu a estación, seguindo os camiños pantanosos ao longo dos ríos [[Río Arno|Arno]] e [[Río Clani|Clani]] que se atopaban naquela época do ano case intransitables. A causa do frío e da falta de descanso perdeu un ollo e durante un tempo foi levado en padiola.
Captado o afecto do rei, pensou en coligalo con [[Filipo V]] de [[Reino de Macedonia|Macedonia]] e os cartaxineses para invadir Italia por segunda vez. Co propósito de informar aos seus amigos do plan, enviou un home a [[Cartago]]. Con todo, o plan foi descuberto e o seu emisario obrigado a fuxir mentres a República renovou as súas promesas de lealdade a [[Roma antiga|Roma]]. [[Cornelio Nepote]] acredita que tres anos logo da súa fuxida de Cartago, Aníbal achegouse con cinco barcos ás costas de [[Cirene]] para inducir aos cartaxineses á guerra contra Roma, pero que fracasado o seu proxecto, volveu a [[Siria]]. En [[-190|190 a.C.]], [[Antíoco III o Grande|Antíoco]] é derrotado nunha batalla da desembocadura do [[río Eurymedon]].
 
Trala derrota de Antíoco en [[Sipilo]], Roma impuxo a entrega de Aníbal como condición para a firma da paz. Avisado por Antíoco, Aníbal fuxiu a [[Reino de Bitinia|Bitinia]] para poñerse baixo a protección de Prusias. Con todo, Roma conseguiu descubrir o destino do seu mortal inimigo, enviando unha embaixada da que formou parte [[Tito Quinctio Flaminino]], para solicitar de [[Prusias I|Prusias]] a entrega de Aníbal.
 
Medorento da reacción que puidese causar en Roma unha negativa, pero sen querer faltar ao deber da hospitalidade, Prusias accedeu pero dicíndolles aos embaixadores que procedesen eles mesmos á súa captura, xa que non lles sería difícil atopar a súa morada. Atopárona e rodearon con soldados todas as saídas do castelo. Aníbal, decatándose de que non había escapatoria, tomou un veleno que sempre levaba no seu anel e pronunciou, en Libysa Bitania), as súas últimas e soadas palabras que cita [[Tito Livio]]: ''Libremos a [[Roma antiga|Roma]] dunha gran preocupación, pois cre haber esperado demasiado tempo en consumar a morte dun ancián.''<ref>Barceló (2012), p. 78</ref> Ese mesmo ano, [[-186|186 a.C]] en Italia falecería tamén [[Publio Cornelio Escipión o Africano|Escipión]].
2.700

edicións