Diferenzas entre revisións de «Publio Cornelio Escipión o Africano»

m
sen resumo de edición
m
m
 
== Traxectoria ==
Posúe o mesmo nome có seu pai pero é alcuñado o Africano. É mencionado por primeira vez como participante na batalla de [[Tesino]]. Despois de morrer seu pai e seu tío en [[Hispania]], '''Publio Cornelio Escipión''' marchou á Península Ibérica para impedir un ataque de [[Aníbal]]. Chegou a finais do 210 a.C. e conquistou cun ataque sorpresa [[Qart HadashHadasht]], cidade que foi rebautizada como [[Cartago Nova]] ([[Cartaxena]]), que era a base de operacións dos cartaxineses en [[Hispania]]. Nos seguintes tres anos expulsou os cartaxineses e fíxose co control político e territorial.
 
Anos máis tarde, tras moitos esforzos, convenceu ó senado para invadir [[Cartago]] e desenbarcou en [[África]] no 205 a.C. aproximadamente. No 202 obtivo unha esmagadora vitoria sobre [[Aníbal]] na [[batalla de [[Zama]], lugar situado preto do pobo de [[Naraggara]]. Esta derrota marcou o final da [[segunda guerra púnica]]. [[Aníbal]] fuxiu da cidade co permiso do goberno cartaxinés.
 
Máis de 10 anos despois, en [[Asia]], venceu ó rei [[Imperio Seléucida|seléucida]] [[Antíoco III o Grande|Antíoco III]]. Ó regresar a [[Roma]] os seus inimigos acusárono de aceptar subornos de [[Antíoco III o Grande|Antíoco]], pero foi absolto. Decidiu entón retirarse da vida pública e vivir na súa vila de [[Litercum]]. Morreu uns meses despois no 183 a.C.
2.710

edicións