Río da Gouxa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Bot: Arranxos varios
→‎Percorrido: corrixida a ligazón morta
Liña 14:
Nace nos montes da parroquia de [[Siador, Silleda|Siador]] e no seu camiño cara ao Deza discorre (ademais de por Siador) polas parroquias de [[Silleda, Silleda|Silleda]] e [[Ponte, Silleda|Ponte]], onde se atopa co Deza. No seu percorrido atópanse diversos muíños, como no lugar da [[A Mera, Silleda, Silleda|Mera]] en Silleda ou no lugar de [[Rosende, Ponte, Silleda|Rosende]] en Ponte.
 
De gran beleza son as fervenzas que atopamos ao pasar o lugar de Rosende, varias preto dos vellos muíños e outras río abaixo próximas á súa desembocadura no Deza<ref>[http://www.adelaleiro.com/gestionv/Cat%C3%A1logo-de-descargas/docsRutas/ruta-fervenzasR%20deC3%20PonteADos-Humidais/Adela/Ruta--fervenzas-de-Ponte--Silleda-/374.pdfaspx Ruta elaborada por Adela Leiro]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>. Actualmente, contan cun dificultoso acceso a pé e agardan o seu debido acondicionamento. Ademais, no lugar da Mera acondicionouse un paseo fluvial en ambas beiras do río.
 
Pasado o lugar de Rosende e os muíños, atópase a chamada "central de Pereiro", a antiga central hidroeléctrica que satisfacía de corrente eléctrica ao núcleo de [[Silleda, Silleda, Silleda|Silleda]], construída arredor de [[1920]] por [[Perfecto Pereiro Castro]]. Máis tarde, esta fábrica de luz pasaría a mans dunha compañía eléctrica privada de Silleda.