Richard Strauss: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Formación musical: corrixida a ligazón morta
Liña 24:
=== 1864-1894 Mocidade en Múnic ===
==== Formación musical ====
[[Franz Strauss]] (1822-1905) abriuse camiño dende orixes humildes a través do seu talento musical. En 1847, Franz entrou na orquestra do [[Teatro Nacional de Múnic|Ópera da Corte]] de [[Múnic]], e conseguiu converterse no primeiro [[trompa]] durante 42 anos.<ref name="nytimes">[http://www.nytimes.com/books/first/b/boyden-strauss.html Matthew Boyden: Richard Strauss]</ref> Era considerado como un dos mellores do seu tempo neste instrumento. O 29 de agosto de 1863, con corenta e un anos, casou con Josephine Pschorr (1838-1910), de 25 anos e filla dun adiñeirado empresario cervexeiro<ref name="Pérez Adrián" /> local.<ref name="Youmans ">{{Cita libro |apelido=Youmans |nome= Charles|título=The Cambridge Companion to Richard Strauss | editorial=Cambridge University Press |localización= |data= 2010|isbn=9780521899307 }}</ref> A parella mudouse á casa dos Pschorr, en Múnic, onde naceu Richard Georg Strauss o 11 de xuño de 1864. A segunda filla, Berta Johann, naceu en 1867.<ref name="bio">[{{Cita web|título=Biographie. Richard Strauss|url=http://www.richardstrauss.at/html_e/18_pdfs/01_lebenbiographie.html|páxina-web=www.pdf Biografía en richardstrauss.at]{{Ligazón morta|data-acceso=setembro de 2018 2021-04-03}}</ref>
 
A nai era amable e sensible, e o pai tiña unha personalidade dominante, temperamental e un chisco tiránica, seguramente polas dificultades que viviu como fillo ilexítimo e pola desgraza persoal que padeceu coa morte da súa primeira muller e dous fillos por mor dun contaxio de [[cólera]].<ref name="Pérez Adrián">{{Cita libro |apelido=Pérez Adrián |nome=Enrique |título=Strauss. Discografia recomendada. Obra completa comentada | editorial=Ediciones Península |localización=Barcelona |data=2000 |isbn= 84-8307-306-4}}</ref> Franz inculcou ó seu fillo o aprecio pola dilixencia e o aforro, e tamén precisas habilidades musicais e o amor ós clásicos: [[Wolfgang Amadeus Mozart|Mozart]] (sobre todo); a familia Strauss era como unha escola musical. Ó mozo Strauss gustáballe camiñar co seu pai para escoitar como tocaba a banda no cambio de garda en Marienplatz. De volta para casa asubiaba as melodías que sentira. Con catro anos, o seu primeiro mestre de piano foi o [[arpa|arpista]] da corte [[August Tombo]]. En 1869, múdanse de casa, dende Altheimer Eck, a carón da fábrica da súa nai, a Neuhauserstrasse.<ref name="Youmans" /> Nesta época compuxo as súas primeiras obras: ''Schneiderpolka'' (''A polca do xastre'') e ''Weihnachtslied'' (''Canción de Nadal''). Tamén á idade de seis anos vi á escola da catedral e comeza a estudar violín con [[Benno Walter]],<ref name="Panofsky" /> curmán do seu pai e concertista na orquestra da corte.<ref name="Youmans" /> [[Ficheiro:LudwigThuille 2.jpg|miniatura|esquerda|[[Ludwig Thuille]], con quen Strauss mantivo unha longa amizade e correspondencia.]]