Sexualidade humana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=abril de 2021}}
{{1000 artigos icona título|materia=Bioloxía e Xeoloxía}}
A '''sexualidade humana''' representa o conxunto de comportamentos que concirnen á satisfacción da necesidade e do [[Libido|desexo sexual]]. Igualmente a outros [[primates]], os seres humanos utilizan a [[Excitación|excitación sexual]] para fins reprodutivos e para o mantemento de vínculos sociais, mais agregan o gozo e o [[pracer]] propio e do outro. O [[sexo]] tamén desenvolve facetas profundas da [[afectividade]] e da consciencia da personalidade. En relación a isto, moitas culturas dan un sentido relixioso ou espiritual ó  [[Relación sexual humana|acto sexual]], así como ven nel un método para mellorar (ou perder) a saúde.
 
== Concepto ==
A [[Organización Mundial da Saúde|OMS]] define que a "sexualidade forma parte da personalidade de cada un, sendo unha necesidade básica e un aspecto do ser humano que non pode ser separado doutros aspectos da vida. A sexualidade influencia pensamentos, sentimentos, accións e interaccións e, por tanto a saúde física e mental".
 
Actualmente, ocorre por parte dalgúns estudosos, a tentativa de afastamento do [[concepto]] de sexualidade da noción de [[reprodución]] animal asociada ó  sexo.  A  sexualidade tende a se referir ó plano [[Psicoloxía|psicolóxico]] do individuo. Alén dos factores [[Bioloxía|biolóxicos]] ([[Anatomía|anatómicos]], [[Fisioloxía|fisiolóxicos]] etc.), a sexualidade dun individuo pode ser fortemente afectada polo ambiente socio-cultural e [[Relixión|relixioso]]  no que este se insire. Un exemplo disto é que nalgunhas [[Sociedade|sociedades]], na súa maioría orientais, promóvese a [[poligamia]] ou [[bigamia]], ou sexa, a posibilidade ou deber de ter múltiples parellas.
 
Nalgunhas partes do mundo a sexualidade explícita aínda é considerada como unha ameaza ós valores político-sociais ou relixiosos.
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}