P. J. Hairston: Diferenzas entre revisións

baloncestista estadounidense
Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Comezo dende enwiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 2 de abril de 2021 ás 13:08

Samuel Peterson "P. J." Hairston Jr., nado o 24 de decembro de 1992 en Greensboro, Carolina do Norte, é un ex-xogador estadounidense de baloncesto profesional.

P. J. Hairston
Posición Ala / Escolta
Información persoal
Nacemento 24 de decembro de 1992 (31 anos)
Greensboro, Carolina do Norte
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 104 kg (230 lb)
Información da carreira
Instituto Archbishop Mitty
(San Jose, California)
Universidade North Carolina (2011–2013)
NBA Draft 2014 / Rolda: 1 / Elección: 26
Por Miami Heat
Carreira 2014–2017
Historial de equipos
Texas Legends (2014)
Charlotte Hornets (2014–2016)
Memphis Grizzlies (2016)
Rio Grande Valley Vipers (2016–2017)

Traxectoria

O 26 de xuño de 2014, Hairston foi seleccionado na 26ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Miami Heat, e foi traspasado inmediatamente ós Charlotte Hornets.[1] O 30 de xuño de 2015, Hairston uniuse de novo ós Hornets para Liga de Verán da NBA de 2015.[2]

O 16 de febreiro de 2016, Hairston foi traspasado ós Memphis Grizzlies nun traspaso entre tres equipos que tamén incluíu ós Miami Heat.[3]

O 30 de setembro de 2016, Hairston asinou cos Houston Rockets,[4] pero foi cortado o 24 de outubro de 2016.[5] Sete días máis tarde, fichou polos Rio Grande Valley Vipers, o afiliado dos Rockets na NBA D-League.[6]

Hairston anunciou a súa retirada coma xogador profesional en 2018, tras unha tempada sen xogar.[7]

Notas

  1. Herbert, James (26 de xuño de 2014). "2014 NBA Draft: Hornets get A for landing P.J. Hairston in a trade at No. 26". CBSSports.com. Consultado o 27 de xuño de 2014. 
  2. "Hornets Announce 2015 Orlando Pro Summer League Roster". NBA.com. 30 de xuño de 2015. Consultado o 30 de xuño de 2015. 
  3. "Grizzlies acquire four 2nd Round Picks, Chris Andersen & P.J. Hairston in three-team trade". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 16 de febreiro de 2016. Consultado o 16 de febreiro de 2016. 
  4. "Rockets Sign Free Agent P.J. Hairston". NBA.com. 30 de setembro de 2016. Consultado o 30 de setembro de 2016. 
  5. "Rockets Waive Three Players". NBA.com. 24 de outubro de 2016. Consultado o 24 de outubro de 2016. 
  6. Chagollan, Anwar (31 de outubro de 2016). "Vipers perform trade with Erie and finalize training camp roster". NBA.com. Consultado o 2 de novembro de 2016. 
  7. "Former UNC guard PJ Hairston announces end of basketball career". wralsportsfan.com. 13 de xullo de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas