Reprodución sexual: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Sen resumo de edición
Liña 14:
{{Cita publicación periódica | author = N.J. Buttefield | year = 2000 | title = Bangiomorpha pubescens n. gen., n. sp.: implications for the evolution of sex, multicellularity, and the Mesoproterozoic/Neoproterozoic radiation of eukaryotes | url = http://paleobiol.geoscienceworld.org/content/26/3/386.abstract | journal = [[Paleobiology (journal)|Paleobiology]] | volume = 26 | issue = 3 | pages = 386–404 | doi = 10.1666/0094-8373(2000)026<0386:BPNGNS>2.0.CO;2 }}</ref>
 
Propuxéronse varias explicacións sobre por que se desenvolveu a reprodución sexual e por que se mantivo. Estas razóns inclúen a loita contra a [[trinquete de Muller|acumulación]] das mutacións deletéreas, incremento da taxa de [[hipótese da Raíña Vermella|adaptación a ambientes cambiantes]],<ref name=Gray2012>{{Cita publicación periódica | last1 = Gray | first1 = J. C. | last2 = Goddard | first2 = M. R. | title = Gene-flow between niches facilitates local adaptation in sexual populations | journal = Ecology Letters | volume = 15 | issue = 9 | pages = n/a | year = 2012 | pmid = | pmc = | doi = 10.1111/j.1461-0248.2012.01814.x | editor1-first = Michael | editor1-last = Bonsall }}</ref> que teñen que ver coa competición, ou enmascaramento de mutacións deletéreas.<ref name="Michod">{{Cita publicación periódica | author = Michod RE, Bernstein H, Nedelcu AM | title = Adaptive value of sex in microbial pathogens | journal = Infect. Genet. Evol. | volume = 8 | issue = 3 | pages = 267–85 |date=May 2008 | pmid = 18295550 | doi = 10.1016/j.meegid.2008.01.002 | url = http://www.hummingbirds.arizona.edu/Faculty/Michod/Downloads/IGE%20review%20sex.pdf | format=PDF| last2 = Bernstein | last3 = Nedelcu }}</ref><ref name="Bernstein1">{{Cita publicación periódica|doi=10.1525/bio.2010.60.7.5|title=Evolutionary Origin of Recombination during Meiosis|year=2010|last1=Bernstein|first1=Harris|last2=Bernstein|first2=Carol|journal=BioScience|volume=60|issue=7|pages=498–505}}</ref><ref name="Bernstein2">Bernstein H, Bernstein C, Michod RE. (2012) "[https://www.novapublishers.com/catalog/product_info.php?products_id=31918 DNA Repair as the Primary Adaptive Function of Sex in Bacteria and Eukaryotes] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20131029202307/https://www.novapublishers.com/catalog/product_info.php?products_id=31918 |date=29 de outubro de 2013 }}". Chapter 1, pp. 1–50, in ''DNA Repair: New Research'', Editors S. Kimura and Shimizu S. Nova Sci. Publ., Hauppauge, New York. Open access for reading only. ISBN 978-1-62100-756-2</ref> Todas estas ideas sobre por que a reprodución sexual se mantivo teñen apoios, pero finalmente o tamaño da poboación é o que determina se a reprodución sexual é beneficiosa. As poboacións máis grandes parecen responder máis rapidamente aos beneficios obtidos pola reprodución sexual que as poboacións de tamaños de poboación menores.<ref>{{Cita publicación periódica|pmid=12478292|year=2002|author1=Colegrave|first1=N|title=Sex releases the speed limit on evolution|journal=Nature|volume=420|issue=6916|pages=664–6|doi=10.1038/nature01191|bibcode=2002Natur.420..664C}}</ref>
 
O mantemento da reprodución sexual foi explicado por teorías que operan a varios [[niveis de selección]], aínda que algúns destes modelos son discutidos.
Liña 22:
== Selección sexual ==
 
Para reproducírense sexualmente, tanto machos coma femias necesitan atopar unha parella. Xeralmente a elección de parella en animais fana as femias, mentres que os machos compiten entre eles para que os escollan. Isto pode facer que os organismos fagan grandes esforzos para conseguir reproducirse, como combater e exhibirse, ou producir características extremas causadas pola [[retroalimentación positiva]] chamada [[selección desbocada de Fisher]] (''Fisherian runaway''). Deste modo, a reprodución sexual, como forma de [[selección natural]], ten un efecto sobre a [[evolución]]. O [[dimorfismo sexual]] consiste na diferenza nos trazos [[fenotipo|fenotípicos]] básicos entre machos e femias da mesma especie. O dimorfismo encóntrase nos órganos sexuais e nas [[características sexuais secundarias]], tamaño corporal, forza física e morfoloxía, ornamentación biolóxica, [[comportamento]] e outros trazos corporais. Porén, a selección sexual sósesóese pode producir ao longo dun estensoextenso período de tempo, que leva ao dimorfismo sexual.<ref>Dimijian, G. G. (2005). Evolution of sexuality: biology and behavior. Proceedings (Baylor University. Medical Center), 18, 244–258.</ref>
 
== Proporción sexual ==
Liña 53:
[[Ficheiro:Australian Emperor mating and laying.jpg|miniatura|250px|''[[Hemianax papuensis]]'' poñendo ovos, agarrada polo macho.]]
* Reprodución '''ovípara''' (depositando ovos). A femia pon ovos no exterior que levan as substancias nutritivas necesarias para que o [[embrión]] se nutra durante o seu desenvolvemento. Estas substancias (da clara e xema do ovo) orixináronse nas glándulas do corpo da nai que formaron o ovo, pero despois o ovo deposítase fóra do corpo da femia en terra ou na auga. A maioría dos invertebrados son ovíparos, e tamén o son os peixes teleósteos e moitos peixes cartilaxinosos (outros son ovovivíparos ou mesmo vivíparos), e a maioría dos anfibios e réptiles (hainos tamén ovovivíparos), pero entre os mamíferos os únicos ovíparos son os [[monotrema]]s ([[ornitorrinco]], [[equidna]]s). Os ovos que se depositan en terra ou ben teñen que permanecer en lugar húmido, como os de moitos invertebrados terrestres, ou ben poden ser ovos con membranas e cascas envolventes que os protexen, como os dos vertebrados [[amniotas]]. O ovo debe permitir que haxa un intercambio de [[oxíxeno molecular|oxíxeno]] e [[dióxido de carbono]] co medio exterior, para que o embrión respire; por iso as cascas dos ovos son porosas ou algúns peixes ou [[polbo]]s coidan os ovos creando correntes de auga que os oxixenan. As cascas poden ser calcarias (aves, algúns réptiles) ou membranosas duras e flexibles (réptiles). Os ovos dos peixes poden ser abandonados flotando na auga en grandes cantidades (sardiñas) ou depositados en lugares resgardados (en ocos, baixo algas ou plantas ou en niños preparados polo animal). Nos [[cabaliño de mar|cabaliños de mar]] a femia deposita os ovos dentro dunha bolsa especial da barriga do macho, onde se desenvolven e eclosionan, polo que parece que o macho está "embarazado".<ref>Whittington, Camilla M.; Griffith, Oliver W.; Qi, Weihong; Thompson, Michael B.; Wilson, Anthony B. (2015-09-01). "Seahorse Brood Pouch Transcriptome Reveals Common Genes Associated with Vertebrate Pregnancy". Molecular Biology and Evolution 32: msv177. doi:10.1093/molbev/msv177. ISSN 0737-4038. PMID 26330546.</ref> As aves son as que constrúen niños máis elaborados e chocan os ovos, xa que o seu embrión necesita calor, aínda que hai exemplos en que non constrúen niños, como o [[pingüín emperador]], que mantén os ovos abrigados entre as súas patas e barriga. Os [[crocodilianos]] e algunhas serpes como a [[cobra real]] constrúen niños que son moreas de terra e follas.<ref name=Cogger/> Algunhas [[pitón]]s [[incubación dos ovos|incuban os ovos]].<ref name="Cogger">Cogger, Harold; Zweifel, Richard (1992). Reptiles & Amphibians. Sydney: Weldon Owen. Páxina 117 e 186. ISBN 0-8317-2786-1.</ref>
* Reprodución '''ovovivípara'''. Dáse nos animais que se reproducen por ovos, pero non realizan posta, é dicir, os ovos permanecen dentro do corpo da femia e desenvólvense enteiramente alialí, polo que ao final paren as crías igual que os vivíparos, pero a diferenza deles, os embrións nútrense exclusivamente dos materiais almacenados no ovo, sen que reciban alimento directamente da nai (como fan os vivíparos placentarios a través da placenta). Son ovovivíparos algunhas serpes e lagartos e moitos peixes cartilaxinosos como moitos [[tiburóns]]. Algúns tiburóns ovovivíparos practican a oofaxia (comen ovos non fecundados no útero), como o [[raposo do mar]], ou mesmo canibalizan aos seus irmáns intrauterinos, como ''[[Carcharias taurus]]''.<ref>Chapman, D. D.; Wintner, S. P.; Abercrombie, D. L.; Ashe, J.; Bernard, A. M.; Shivji, M. S.; Feldheim, K. A. (2013). "The behavioural and genetic mating system of the sand tiger shark, Carcharias taurus, an intrauterine cannibal". Biology Letters 9 (3): 20130003. doi:10.1098/rsbl.2013.0003. PMC 3645029. PMID 23637391.</ref>
[[Ficheiro:Joey in pouch.jpg|miniatura|dereita|Cría de canguro aínda en estado de embrión dentro da bolsa marsupial da nai agarrado a unha mamila.]]
* Reprodución '''vivípara'''. Dáse nos animais que paren as súas crías e alimentan o embrión a través da nai. Dáse nos [[mamíferos]] [[placentarios]], nos marsupiais e en certos tiburóns ([[Negaprion brevirostris|tiburón limón]], [[peixe martelo]]<ref>[http://www.aquaticcommunity.com/sharkfish/hammerheadshark.php Hammerhead Shark]. Aquatic Community. Consultado o 16-04-2016.
Liña 60:
 
== Plantas ==
No ciclo vital das plantas hai unha fase de produción de [[espora]]s que se realiza por meiose e que se denomina fase de [[esporófito]]. As esporas xerminan asexualmente dando lugar a unha planta chamada [[gametófito]], que realiza a reprodución sexual. Os gametófitos dos distintos grupos de plantas varían en tamaño e importancia. Nas anxiospermas os gametófitos son moi pequenos e teñen moi poucas células e son, simplemente, o gran de [[pole]] e o [[saco embrional]] situado no pistilo, mentres que o esporófito é a planta que se ve. Nos fentos o gametófito é algo máis grande, pero tamén de reducido tamaño comparado co esporófito (este é a planta de fento que se ve). Ao contrario nos musgos o gametófito é grande e constitúe a fase máis importante do seu ciclo vital. Esta alternaciaalternancia entre esporófito e gametófito denomínase alternancia de xeracións.
 
=== Plantas con flor ===