Vince Carter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Ligazóns externas: corrixida unha ligazón morta
Recuperando 8 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Liña 67:
O [[7 de abril]] de [[2007]], na vitoria, con prórroga incluída, fronte a [[Washington Wizards]] 120-114, Carter e Kidd convertéronse na primeira parella, en 18 anos, que lograba un triplo-dobre no mesmo partido. Desde [[1989]] no que [[Michael Jordan]] e [[Scottie Pippen]] lográrono fronte a [[Los Angeles Clippers]], ninguén fora capaz de facelo. Carter acabou con 46 puntos, 16 rebotes (máximo da súa carreira) e 10 asistencias. Pola súa banda, Kidd terminou con 10 puntos, 16 rebotes (igualando o seu récord) e 18 asistencias. Aquel triplo-dobre de Carter é o segundo mellor da historia, só por detrás de [[Alvan Adams]], que en [[1977]] asinou 47 puntos, 18 rebotes e 12 asistencias. Por terceira vez na súa carreira, non se perdeu ningún partido da tempada. Carter converteuse no primeiro xogador das Nets en anotar máis de 2.000 puntos nunha tempada. En playoffs caeron de nova en Semifinais de Conferencia, fronte a [[Cleveland Cavaliers]], despois de superar anteriormente a [[Toronto Raptors]]. En ambas as series en total fixo 22,3 puntos, 6,8 rebotes e 5,3 asistencias por partido.
 
Carter asinou unha extensión de contrato millonaria ao finalizar a [[tempada 2006-07 da NBA|tempada 2006-07]] ao quedar como axente libre. [[New York Knicks]] mostrou interese na súa contratación.<ref>[{{Cita web |url=http://www.fanhouse.com/2007/05/26/ny-post-knicks-want-vince-carter/ |título=NY Post: Knicks Want Vince Carter] |data-acceso=12 de abril de 2010 |data-arquivo=26 de xullo de 2018 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20180726103739/http://www.fanhouse.com/2007/05/26/ny-post-knicks-want-vince-carter/ |url-morta=yes }}</ref> Carter guiou ás Nets aos seus terceiros playoffs en tres anos desde que chegase á franquía. En [[tempada 2007-08 da NBA|2008]] volveu ter problemas coas lesións, o que fixo que por primeira vez na súa carreira non fose elixido para o [[All-Star Game da NBA|All Star Game]].<ref>{{Cita web |url=http://www.nba.com/allstar2008/reserves_080131.html |título=Two Hometown Hornets Named as Reserves for 2008 NBA All-Star Game |data-acceso=12 de abril de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100321213749/http://www.nba.com/allstar2008/reserves_080131.html |dataarquivo=21 de marzo de 2010 |urlmorta=yes }}</ref> A pesar da lesión, seguiu xogando a un alto nivel, como o demostran os 22,7 puntos, 6,6 rebotes e 5,1 asistencias que fixo trala fin de semana das estrelas,<ref>[http://sports.yahoo.com/nba/players/3248/splits;_ylt=Ap9jKMFA9ti6lt4JiXFIc4qkvLYF Vince Carter - New Xersei Nets - Split Statistics - NBA - Yahoo! Sports]</ref> sendo o único xogador xunto a [[LeBron James]] e [[Kobe Bryant]] en exceder os 21 puntos, 6 rebotes e 5 asistencias por partido tras o parón do All-Star. Finalizou a tempada con números de 21.3 puntos, 6 rebotes e 5.1 asistencias. Ao finalizar a tempada foi sometido a unha artroscopia que confirmou a súa lesión de xeonllo.<ref>[http://www.nba.com/nets/news/vince_Carter_4_28_08.html Carter Takes the Lead]</ref>
 
==== Orlando Magic ====