Sexo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños
Tradución da en.wikipedia.org
Liña 1:
{{en uso}}
{{1000}}
[[Ficheiro:Sperm-egg.jpg|miniatura|O éxito reprodutivo do sexo en animais: a fusión dun [[espermatozoide]] e un [[óvulo]], que ó unirse crean un [[cigoto]].]]
Liña 7 ⟶ 8:
== Etimoloxía ==
O termo «sexo» deriva do [[Lingua latina|latín]] ''sexus'', por ''sectus'', «sección, separación» e aparece empregado por vez primeira en ''De inventione I'' de [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]].
 
==Introdución==
Unha das propiedades básicas da vida é a reprodución, a capacidade de crear novos individuos, e o sexo é un aspecto particular deste proceso. A vida evolucionou dende etapas simples a outras máis complexas, ao igual que os mecanismos de reprodución. Inicialmente a reprodución era un proceso de replicación que consistiu en producir novos individuos que contivesen a mesma información xenética que o individuo orixinal ou nai. Este modo de reprodución chámase [[reprodución asexual]] e aínda é amplamente común entre as especies, particularmente as unicelulares pero tamén é de moitos organismos pluricelulares que incluso teñen reprodución sexual.<ref name="Raven">{{Cita libro | autores = Raven PH et al.|título=Biology of Plants |editores=Freeman and Company Publishers |lugar=NY |edición=7th}}</ref> Na reprodución sexual, o material xenético da descendencia procede de dous individuos diferentes. As bacterias reprodúcense de xeito asexual, pero sofren un proceso polo cal unha parte do material xenético dun doador individual transfírese a outro receptor.<ref name="Holmes1996">{{Cita libro | autores = Holmes RK et al.|título=Genetics: Conjugation |ano=1996 |editores=University of Texas |edición=4th}}</ref>
 
Ignorando os intermediarios, a distinción básica entre reprodución asexual e sexual é a forma en que se procesa o material xenético. Normalmente, antes dunha división asexual, unha célula duplica o seu contido de información xenética e despois divídese. Este proceso de división celular chámase [[mitose]]. Na reprodución sexual, hai tipos especiais de células que se dividen sen duplicar previamente o seu material xenético, nun proceso chamado [[meiose]]. As células resultantes chámanse [[gameto]]s e conteñen só a metade do material xenético das células nai. Estes gametos son as células preparadas para a reprodución sexual do organismo.<ref name="Freeman2005">{{Cita libro |apelido1=Freeman |nome1=Scott |título=Biological Science |url=https://archive.org/details/biologicalscienc00scot |ano=2005 |publisher=Pearson Prentice Hall |edición=3ra}}</ref> O sexo comprende os mecanismos que permiten a reprodución sexual. Iso evolucionou de par ao sistema de reprodución, comezando por gametos similares (''isogamia'') e pasando a sistemas con diferentes tipos de gametos, como os que inclúen un gameto feminino grande (''óvulo'') e un gameto masculino pequeno (''esperma'').<ref name="Dusenbery2009">{{Cita libro |apelido1=Dusenbery |nome1=David B. |título=Living at Micro Scale |ano=2009 |editores=Harvard University Press |lugar=Cambridge, Massachusetts}}</ref>
 
En organismos complexos, os órganos sexuais son as partes que interveñen na produción e intercambio de gametos na reprodución sexual. Moitas especies, tanto vexetais como animais, teñen especialización sexual e as súas poboacións divídense en individuos masculinos e femininos. Pola contra, tamén hai especies nas que non hai especialización sexual e un mesmo individuo contén tanto órganos reprodutivos masculinos como femininos: os [[hermafrodita]]s. Isto é moi frecuente nas plantas.<ref name="Beukeboom2014">{{Cita libro| autores = Beukeboom L, et al. |título=The Evolution of Sex Determination |ano=2014 |editores=Oxford University Press}}</ref>
 
== Evolución ==
Liña 65 ⟶ 73:
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
 
== Véxase tamén ==