Memoria da auga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 194:
 
Investigacións publicadas en 2005 sobre a dinámica das redes de [[enlace de hidróxeno|enlaces de hidróxeno]] na auga demostraron que "a auga líquida esencialmente perde a memoria de correlacións persistentes na súa estrutura" en 50 millonésimas de nanosegundo ([[femtosegundo]]s).<ref name="cowan"/>
 
== Acollida entre os homeópatas ==
Para a maioría dos científicos a "memoria da auga" non é algo que mereza unhs seria consideración; a única evidencia é o defectuoso traballo de Benveniste. Pero, ao contrario, a noción de "memoria da auga" foi tomada en serio entre os [[homeopatía|homeópatas]]. Para eles, formaría parte dunha posible explicación de por que algúns dos seus remedios funcionan.
Un resumo dos aspectos que rodean a memoria da auga foi o tema dun número especial da reviata ''Homeopathy.'' Nun editorial, o editor de ''Homeopathy'', [[Peter Fisher (médico)|Peter Fisher]], recoñecía que o método orixinal de Benveniste non orixinaba resultados reproducibles e declaraba "...a memoria da auga é unha mala memoria: bota unha ampla sombra sobre a homeopatía e é xusto o que moitos científicos recordan sobre a investigación científica da homeopatía, igualándoa coa ciencia mala ou mesmo fraudulenta"<ref>Orixinal: "the memory of water is a bad memory: it casts a long shadow over homeopathy and is just about all that many scientists recall about the scientific investigation of homeopathy, equating it with poor or even fraudulent science."</ref> O n´jmero foi un intento de restaurar a credibilidade da noción con artigos que propoñían diversas e moi diferentes teorías sobre a memoria da auga, tales como: un intercambio electromagnético de información entre moléculas, rotura da simetría temporal, termoluminescencia, [[entrelazamento cuántico|entrelazamento]] descrito por unha nova teoría [[física cuántica|cuántica]], formación de [[peróxico de hidróxeno]], formación de [[clatrato]]s, etc. Algúns dos mecanismos propostos requirirían tirar ao lixo a maioría da física do século XX.<ref name="Homeopathy2007">{{cita publicación periódica
| editor = Martin Chaplin
| date = 2007
| title = The Memory of Water ''Homeopathy'' 96:141-230}}
::Copies dos artigos deste número especial están libremente dispoñibles nunha páxina web privada, xunto coa súa discusión. [http://www.badscience.net/?p=490 Homeopathy Journal Club] albergado en Bad Science, un blog de Ben Goldacre</ref>
 
== Notas ==