Mozas asomadas nunha xanela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Creo a páxina sobre este cadro de Murillo, que me parece relevante pola posíbel identificación das mulleres con dúas galegas. Habería que engadir a imaxe do cadro e outros moitos amaños.
 
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Descrición ==
A obra representa a dúas mulleres nunha xanela. A máis afastada do espectador é polos seus rasgos a máis maiorvella das dúas. Tápase o rostro sorrinte coa súa touca, que sostén coa man dereita. Coa esquerda tira da contra da ventá, sen que quede claro se pretende pechala ou, polo contrario, abrila aínda máis. A outra muller, unha mociña, apóiase sen reservas no peitoril da ventá e sorrí abertamente para o espectador, situado xusto de fronte, nun plano lixeiramente inferior ao dela. O seu corpiño, lixeiramente escotado, déixalle ver os ombros.
 
Desde o punto de vista da composición, o cadro é dunha extraordinaria técnica. Está marcado pola diagonal que se estabelece entre as cabezas das figuras e os sutís toques de vermello nas súas caras e nos adornos do cabelo e das roupas. A moza asoma o seu corpo a través da ventá con gran realismo. No caso da muller máis vella captúrase o seu movemento con gran habilidade. Coa idea de centrar a nosa atención nas mulleres, no resto do cadro predominan o marrón da madeira e o negro do interior do cuarto.
 
Non se sabeDescoñécese a data certa en que foi pintada a obra. Pola súa calidade técnica, corresponde á etapa de madureza do pintor, entre 1650 e a súa morte en 1683.
 
== Interpretacións ==
Liña 14:
 
En apoio desta última interpretación traése a colación unha copia en gravado do cadro realizada no século XIX. Nese gravado, a obra recibe o título de Las Gallegas. Nesa época moitas mulleres galegas emigraban a Lisboa, Madrid ou Sevilla, onde algunhas acababan exercendo a prostitución. O título referiríase de maneira inequívoca para a xente da época á condición das dúas mulleres.
 
== Referencias externas ==
 
* [https://web.archive.org/web/20090507094805/http://www.nga.gov/fcgi-bin/tinfo_f?object=1185 Información sobre a obra na web da National Gallery of Art]
* [https://www.wga.hu/frames-e.html?/html/m/murillo/2/214muril.html Información sobre a obra na Web Gallery of Art.]