Parroquia eclesiástica galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{en uso}}
{{outros|parroquia}}
[[Ficheiro:Galiza en parroquias.jpg|miniatura|280px|División de [[Galiza]] en parroquias (administrativas), [[municipio|concellos]] e [[provincia]]s]]
A '''parroquia eclesiástica''' defínese no [[Código de Dereito Canónico]] como a unidade básica de delimitación territorial da [[Igrexa católica]], agrupadas xerarquicamente en [[arciprestado]]s.
 
== Historia e características ==
O termo parroquia deriva do [[Lingua grega|grego]] ''paroikía'', que significa "habitación" ou "reunión de habitantes". Trocouse co tempo en ''paroecia'' e ''parochia''.<ref name="Fariña1996">{{Cita libro|título = A parroquia rural en Galicia | autores = Fariña Jamardo, Xosé| xornal = EGAP | lugar = Santiago de Compostela | ano = 1996}}</ref>
 
===A orixe das protoparroquias===
Tamén eran chamadas ''parochia'' as primeiras [[diocese]]s, xeralmente con anterioridade ó [[século V]], aínda que agora este [[termo]] se usa para os [[bispado]]s.
As ''parochia'' son figuras da lei do concilio que se citan por primeira vez no século VI, ben para mencionar ás ''ecclesiae'' como ao rural que estas artellaban arredor delas, e que estaban dentro de ou vencelladas a unha [[diocese]].<ref name="SanchezPardo_2014">{{ Cita publicación periódica |título=Organización eclesiástica y social en la Galicia tardoantigua. Una perspectiva geográfico-arqueológica del Parroquial Suevo | volume=66 | url=http://hispaniasacra.revistas.csic.es/index.php/hispaniasacra/article/view/423 | doi=10.3989/hs.2014.058 | número=134 | xornal=Hispania Sacra | autor=Sánchez Pardo, José Carlos | ano=2014 | páxinas=439–480}}</ref> O texto do tratado "[[parochiale suevorum|Parochiale]]", ou "División de Teodomiro" (''[[Divisio Theodemiri]]''), recolle as decisións asinadas polos bispos do Reino Suevo celebrada nunha reunión en [[569]] en [[Lugo]], asinada no II Concilio de [[Braga]] de [[572]], para acordar a reorganización da súa estrutura, creando novas dióceses e delimitando as ''parochia'' de canda unha delas. Os bispos presentes representaban as dióceses de ''Bracara'', ''Portucale'', ''Dumio'', ''Lucus'', ''Auria'', ''Asturia'', ''Iria'', ''Tude'' e ''Brittonia''.<ref name="JAlarcao_2015">{{Cita publicación periódica|autores = Alarcão, Jorge de |título = Os limites das dioceses suevas de Bracara e de Portucale |xornal = Portugalia |volume = Nova Série, 36 |ano = 2015 |páxinas = 35-48 |lugar = Porto}}</ref> Outros textos posteriores que documentan as ''parochia'' son o testamento de [[Odoario (bispo)|Odoario]] do ano [[760]] ou o diploma de [[Aloito]] do ano [[745]].
[[Ficheiro:Reino de Galicia Suevos.png|miniatura|O reino suevo, amosando as distintas dioceses que o compuñan.]]
Unha das primeiras mencións ás parroquias de Galicia ven do tratado "[[parochiale suevorum|Parochiale]]", tamén chamado "División de Teodomiro" (''[[Divisio Theodemiri]]''), firmado no ano [[569]] polo rei [[suevos|suevo]] [[Teodomiro (rei suevo)|Teodomiro]]. Neste tratado están comprendidas as dioceses tanto de [[Galicia]] coma do norte de [[Portugal]], e di cal é o crego relacionado coa parroquia (inclúe parroquias maiores e menores).
As ''ecclesiae'' foron comunidades cristiás organizadas arredor do bispo e dun lugar de culto e de diocese. Estas foron aqueles lugares onde si se podían dar o bautismos e ser o lugar de cemiterio da comunidade. Xurdiron arredor dos núcleos máis destacados do territorio, como eran as ''vici'' e as ''castella'', inda que tamén arredor de distritos ou areas de territorio como as ''pagi'', no rural disperso, e ocasionalmente en terreos propietarios, eclesiásticos ou non, e lugares laicos, os ''fundus''.<ref name="SanchezPardo_2014"/>
 
As ''ecclesiae'' xorden como un espazo público no que cando menos unha vez ao ano acudían os bispos. Non existe consenso sobre de se as ''ecclesiae'' nacen cun territorio ben definido ou simplemente para abranguer unha área aberta.<ref name="SanchezPardo_2014"/> As ''ecclesiae'' das dioceses de Auria e Lugo formáronse arredor de conglomeracións da poboación romana, en xeral vertebradas arredor das vías de comunicación. Nas diocese de Tude e Iria semella que xurdiron case todas arredor dos ''vici'' de tamaño mediano, e algunhas nas ''villae'', ou vilas e granxas do rural, e nos ''pagi'', ou distritos rurais de poboación esparexida.<ref name="SanchezPardo_2014"/>
Ó longo da historia apareceron textos que documentan as parroquias, como poden ser o testamento de [[Odoario (bispo)|Odoario]] (ano [[760]]), o diploma de [[Aloito]] (ano [[745]]).
 
Pola contra, as basílicas e mosteiros, xa numerosas no século VI, xurdiron como entidades privadas. Á contra das ''ecclesiae'', as basílicas si eran lugares nados arredor do culto a unha figura santoral ou arredor dun lugar de referencia para a devoción. A súa fundación era de carácter privado e de dedicación santoral.<ref name="SanchezPardo_2014"/>
Durante os séculos IX e XII as parroquias non aparecen como entidades tales, senón como vilas. Non será ata o [[século XIII]] cando aparezan definidas claramente.
 
Outra figura deste período son os ''pagi'', cando menos das sedes de Tude, Bracara e Portogale. Estímase que estas eran comunidades relixiosas organizadas dentro da diocese mais que obraban máis no ámbito rural e dun xeito máis disperso que as ''ecclesiae''. En xeral, en polo menos para Bracara e Portogale, caracterizáronse por estar máis lonxe das capitais que as ecclesiae.<ref name="SanchezPardo_2014"/>
Mediante a agrupación destas entidades parroquiais foron creados administrativamente os [[municipio|concellos]] en [[1835]]. Aínda que xurdiron das [[Parroquia eclesiástica|parroquias eclesiásticas]] daquela, as parroquias administrativas actuais non coinciden con elas, nin os [[concellos de Galicia|concellos]] cos [[Arciprestados de Galicia|arciprestados]], pois por unha banda as eclesiásticas modificáronse (normalmente agregáronse no rural e subdividíronse no urbano), mentres que por outra as administrativas seguiron unha evolución independente.
 
Do mesmo xeito, nas zonas totalmente do rural e terreo agrícola apareceron os ''fundus''. Estas foron probablemente igrexas de persoas podentes con relación directa cos bispos ou mesmo propiedades particulares de bispos, pois eran tamén grandes terratenentes.<ref name="SanchezPardo_2014"/>
 
As ecclesiae comezaron a ter unha advocación só desde finais do [[século VI]] e comezos do [[século VII]]. En xeral as primeiras advocacións foron á [[santa María]] e ao [[Pedro, papa|san Pedro]], pola súa relevancia no [[cristianismo]].<ref name="SanchezPardo_2014"/>
 
Desde o [[século VII]] os ''pagis'' fragmentáronse e quedaron á par en influencia no territorio ás ''vici'', ''villa'' e ''castelli''.<ref name="SanchezPardo_2014"/>
 
Con isto, as antigas parroquias xurdiron fundamentalmente das ''ecclesiae'' arredor do seu territorio case fixo, no cal un reitor denominado ''abba'' cobraba [[Décimo (imposto)|décimos]] para o sustento da obra. Con todo, dentro desas parroquias primixenias puideron existir máis igrexas, mesmo con baptisterios, mais suxeitas a unha "igrexa nai". Entre o século VI-VII as parroquias foron creándose e dividíndose. A súa fundación, ora ben das privadas ora ben das parroquiais, estaba claramente regulada. Os Concilios V e XVI de [[Toledo]] estableceron que se precisaba de ter de cando menos dez escravos ou servos e unha extensión suficiente de labrada e monte, ou que as igrexas tivesen dotación dabondo, como libros ou persoa para servir. A vixilancia destes requirimentos, que non se sempre se cumprían, vixiábanos os bispos nas súas viaxes de cobro das "terzas".<ref name="SanchezPardo_2014"/>
 
As ''ecclesiae'' pódense comprender desde o seu inicio como circunscricións civís tardorromanas, inda que existisen os ''pagis'' e ''fundus'', que continuaron a organización romana e tardorromana previa. Consolidáronse en poucos séculos como entidades comarcais tanto administrativas no civil como no eclesiástico<ref name="DiazMartinez1998">{{Cita libro |autores = Díaz Martínez, P. C. | ano = 1998 | capítulo = El Parrochiale suevum: organización eclesiástica, poder político y poblamiento en la Gallaecia tardoantigua | título = Homenaje a José María Blázquez | editores = Mangas, J. e Alvar, J. (Eds.) Ediciones Clásicas | número = 35-47 | lugar = Madrid}}</ref><ref name="DiazMartinez2004">{{Cita publicación periódica | autores = Díaz Martínez, P. C. | ano = 2004 | título = Acuñación monetaria y organización administrativa en la Gallaecia tardoantigua | xornal = Zephyrus | número = 57 | páxinas = 367-375}}</ref> dentro do Reino Suevo. Consta que no século VII estas actuaban como [[ceca]]s.<ref name="SanchezPardo_2014"/>
 
===Séculos X-XIII===
Unha evolución común durante o [[século X]] foi a transición entre os asentamentos das ''villae'' (ou tamén os ''fundus''), pasando a territorios delimitados e comunicados arredor dese núcleo de poboación orixinario onde estaba presente un lugar de culto (como foron por caso as basílicas) para logo derivar en parroquias. Ese proceso reflicte o cambio na estrutura dos asentamentos da poboación, que pasaron das vilas clásicas, ou concentradas, ás estruturas dispersas de asentamento por mor da expansión agraria (que comezou antes do século X).<ref name="LSabatel2018">{{Cita publicación periódica |autores = López Sabatel, José Antonio|título = Patón como ejemplo de la organización y el poblamiento en la Galicia Medieval: la parroquia, el coto, la aldea, el casal y la vivienda (Siglos XIII-XV)|xornal = Cuadernos de Estudios Gallegos|volume = LXV| número = 131|data = xaneiro-decembro de 2018|páxinas = 133-169| issn = 0210-847X |doi=10.3989/ceg.2018.131.05}}</ref>
 
Ademais, a estrutura parroquial viuse fortalecida grazas ás freguesías e a súa política de doazóns en territorios xurisdicionais. Un elemento esencial das parroquias durante o seu asentamento, e que chegou ao seu apoxeo no período altomedieval, foron os cotos. Estes espazos foron fundados grazas a atribucións xurisdiccionais e á colonización da igrexa. Os cotos representaban áreas ben definidas nas que os poderes señoriais rexían disposicións xurisdicionais civís e penais sobre dos residentes. Así é, de feito moitas parroquias naceron como resultado dos cotos rexidos, entre outros, polos mosteiros.<ref name="LSabatel2018"/>
 
Desde o século X ata o [[século XIII|XIII]] o modelo de vilas anterior perdeu presenza e poder, gañándoa o de poboacións máis pequenas (aldeas) e máis dispersas polo territorio. Cando menos desde o século XIII a estrutura de poboamento quedou definida pola dispersión xeográfica e os casais (casas coas súas pertenzas e terras). Así, dúas composicións comúns foron por unha banda as parroquias cos seus cotos, e as vilas ou aldeas e os seus casais, sendo estes últimos máis propios das zonas rurais. No século XIII diferéncianse casais illados e poboados por varias familias, que resultarían despois en aldeas, e casais apegados entre si formando aldeas. Esa estrutura social, administrativa e de freguesía é a que fundou o modelo parroquial posterior.<ref name="LSabatel2018"/> De feito, a rede de parroquias quedou totalmente artellada a partires do século XI e consolidada desde o século XIII, sendo a matriz da estrutura social e eclesiástica galega.<ref name="LAlsina2009">{{Cita libro |autores =López Alsina, Fernando |capítulo = Da protoparroquia ou parroquia antiga altomedieval á parroquia clásica en Galicia |título = A parroquia en Galicia. Pasado, presente e futuro | editores = Fernando García Pazoos (coord). Xunta de Galicia | ano = 2009 | páxinas = 57-76}}</ref><ref name="Souto1982">{{Cita publicación periódica |autores = Souto González, Xosé María|título = Encol do hábitat e do poboamento: o caso de Galicia|xornal = Cuadernos de Estudios Gallegos| número = 98|ano = 1982| páxinas = 7.63}}</ref>
 
===Século XV-XIX===
A numerosa cantidade de parroquias que se configurou na baixa idade media apenas mudou desde o século XV. O "censo de bispos" da década de [[1580]] estimou que existían 3571 parroquias galegas, incluíndo as súas "matrices" e "anexos". O [[censo de Floridablanca]], de entre o [[1785]] e [[1787]], cuantificounas en 3678.<ref name="Pergetoetal2013">{{Cita publicación periódica |autor1 = Pegerto Saavedra, Hortensio | autor2 = Sobrado Correa | autor3 = Presedo Garazo, Antonio | título = La red parroquial y el clero rural en la Galicia de los siglos XVI-XIX: resultados de una investigación en curso. |xornal = Obradoiro de Historia Moderna | ano = Outuro de 2013 | doi=10.15304/ohm.221140 | número=22 | páxinas=93-128 |issn=2340-0013}}</ref>
 
As parroquias sobrepasaron os concordatos de [[1753]] e [[1851]] e incluso o [[Concilio de Trento]] e as reformas do final do [[Antigo Réxime]]; mesmo se acentuou o seu rol eclesiástico e de estruturación social. O aumento da poboación nestes séculos supuxo un aumento no recadado cos [[Décimo (imposto)|décimos]]. O aumento das poboacións de cada parroquia e a implantación da [[Concilio de Trento|reforma tridentina]], na que os curas asentaban residencias nas parroquias, así como a constitución de [[Confraría relixiosa|confrarías]], a presenza de [[capelán]]s, ou as imposicións da relixión, fixeron que se consolidade a presenza das parroquias desde o [[século XVI]] en diante. En particular, creáronse maior número de confrarías entre os anos [[1630]] e [[1740]]. Así mesmo, a identificación da poboación coas súas parroquias incrementouse ata o [[século XIX]].<ref name="Pergetoetal2013"/>
 
Dúas disposicións da Cámara de [[1758]] e [[1769]] instaron aos bispos a compilar e informar dos seus beneficios en cada diocese e propor unións ou eliminacións, despois dunha audiencia aos patróns das parroquias. Porén, xa que máis das tres cuartas partes das parroquias pertencían á nobreza, aos mosteiros, aos cabildos das catedrais ou similar, houbo un freo en Galicia a esas unións. Un concordato de [[1851]] potestou aos bispos a arranxar a distribucións de parroquias e outro de [[1854]] instounos a limitar as parroquias nas áreas urbanas a cando menos 4 mil persoas por parroquia, inda que deixando fóra dese límite ás do eido rural. Así, na diocese de Santiago os cambios que se aplicaron só reduciu o número de parroquias en 22, xa que reasignou múltiples lugares a outras parroquias co obxectivo de fortalecer a aquelas de pouca poboación. En Lugo e Mondoñedo o bispado recibiu múltiples críticas dos curas e tan só se reduciron en 50 en Lugo e incluso se aumentaron en 20 parroquias na diocese de Mondoñedo.<ref name="Pergetoetal2013"/>
 
===Desde o século XIX===
Mediante a agrupación destas entidades parroquiais foron creados administrativamente os [[municipio|concellos]] en [[1835]]. Aínda que xurdiron das [[Parroquia eclesiástica|parroquias eclesiásticas]] daquela, as parroquias administrativas actuais non coinciden con elas, nin os [[concellos de Galicia|concellos]] cos [[Arciprestados de Galicia|arciprestados]], pois por unha banda as eclesiásticas modificáronse (normalmente agregáronse no rural e subdividíronse no urbano{{cómpre referencia}}), mentres que por outra as administrativas seguiron unha evolución independente.
 
==Notas==
{{Listaref|30em}}
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* {{cita publicación periódica |nome1=Pegerto |apelidos1={{versaleta|Saavedra Fernández}} |ligazón-autor1=Pegerto Saavedra |nome2=Hortensio |apelidos2={{versaleta|Sobrado Correa}} |nome3=Antonio |apelidos3={{versaleta|Presedo Garazo}} |título=La red parroquial y el clero rural en la Galicia de los siglos XVI-XIX |url=http://www.usc.es/revistas/index.php/ohm/article/viewFile/1140/1501 |número=22 |ano=2013 |ISSN=2340-0013 |páxinas=93-128 |revista=Obradoiro de Historia Moderna |lingua=es |ref=harv}}
* {{Cita libro |título=A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro |url=http://mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/DR/A_Parroquia_en_Galicia.pdf |ano=2009 |editorial=[[Xunta de Galicia]] |isbn=978-84-453-4777-5 |dataacceso=04 de decembro de 2018 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20170803011812/http://mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/DR/A_Parroquia_en_Galicia.pdf |dataarquivo=03 de agosto de 2017 |urlmorta=yes }}