Wikipedia:A Taberna (xeral): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 22:
 
:Grazas polo teu traballo neste eido; aínda que poidan resultar infrutíferos polo feito de que a comunidade non participe nas votacións, o propio esforzo de mellorar os artigos xa é un fin en si mesmo. Ao meu entender, o importante é que os contidos da enciclopedia cumpran os criterios de calidade, máis alá de que teñan un recoñecemento simbólico.<br />Confío no criterio das persoas que editan de forma habitual, e na maior parte dos casos non reviso as súas achegas porque asumo que son construtivas. Por iso en vez de revisar artigos propostos para bos ou de calidade, prefiro empregar ese tempo noutras actividades (reversión de vandalismos, explicacións a usuarias novas, arranxos en Commons e Wikidata...) que considero necesarias.<br />Non lle dou moita relevancia ao feito de que os artigos teñan unha estrela, e coido que a maioría das persoas que consultan a Wikipedia tampouco. Segundo me di a xente non editora á que lle pregunto sobre os usos que fai da Wiki, a maior parte das persoas consultan a enciclopedia a través do teléfono móbil, e chegan aos artigos a través de Google, non a través do buscador da propia Wiki. Non se coñece, en xeral, o feito de que hai artigos bos e de calidade.<br />Cadaquén ten as súas prioridades, e o feito de que dentro da comunidade traballemos en campos diversos coido que é positivo, que suma. Moitas veces tamén me sinto frustrado porque os intereses doutras compañeiras non se corresponden cos meus, pero respecto as inquedanzas de cada persoa, e agradezo as diversas achegas. Dito todo isto, anímote a seguir traballando en mellorar os contidos da Galipedia segundo os criterios que consideres oportunos, pois todas as achegas construtivas son válidas e suman, e o teu esforzo contribúe a facer unha Galipedia mellor. Un saúdo! --[[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[Conversa usuario:Estevoaei|fálame aquí]]</sup> 26 de marzo de 2021 ás 21:10 (UTC)
 
::Vou facer unha pequena e breve achega. Os apoios chegan de cando en cando, porque é unha comunidade pequena, a xente ten pouco tempo para ler os artigos, etc. Polo menos pola miña parte. Pode que non estemos achegándonos ao problema pola vía adecuada: temos un período de votación para bos e de calidade de 30 días, que dende o meu punto de vista pode non resultar suficiente: a xente non ten tempo, e cando se decatan da votación poden ter pasado 15 días, e ler un "tocho" (normalmente) dun tema que pode ser que non interese, pois non é doado. Sería viable ampliar os períodos de votación, por exemplo a tres meses, e vemos cómo vai a cousa? --[[Usuario:Norrin strange|Norrin]]<sup> ([[Conversa_Usuario:Norrin strange|Fálame]])</sup> 27 de marzo de 2021 ás 13:11 (UTC)