Arpa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5728804 de 193.144.97.83 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 3:
A '''arpa'''<ref>{{DRAG|arpa}}</ref> é un [[instrumento de corda]] pulsada formado por un marco resoante e unha serie variable de cordas tensadas entre a sección inferior e a superior. O son obtense ó tocar as cordas cos dedos. O músico que a toca chámase arpista.
 
As arpas coñécense dende a [[Idade Antiga|Antigüidade]] en [[Asia]], [[África]] e [[Europa]]; remóntanse polo menos ó ano 3500&nbsp;a.&nbsp;C. Este instrumento alcanzou gran popularidade en Europa durante a [[Idade Media]] e o [[Renacemento]], onde se evolucionou dando lugar a unha ampla gama de variantes. EseEstendeuse chegando ás colonias de Europa, logrando unha especial popularidade en [[América Latina]]. Mentres que algúns membros antigos da familia da arpa extinguíronse en [[Oriente Próximo]] e Asia meridional, hai descendentes das arpas temperás que aínda se tocan en [[Birmania]] e en [[África subsahariana]], mentres que outras variantes difundidas en Europa e Asia foron recuperadas por músicos na era moderna.
 
Algúns dos tipos de arpas son a arpa clásica, usada actualmente nas [[orquestra]]s, a [[arpa celta]], a [[arpa andina]], a [[arpa llanera]] ou a [[arpa paraguaia]]. A arpa é un instrumento característico nas [[Música tradicional|músicas tradicionais]] de países como [[Irlanda]], [[Paraguai]], [[Perú]], [[Venezuela]], [[México]], [[Chile]] e [[Colombia]] entre outros.