Diferenzas entre revisións de «Danza»

texto traducido desde a wiki .es:Danza
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
(texto traducido desde a wiki .es:Danza)
{{1000}}
{{Sen referencias|data=decembro de 2016}}
[[Ficheiro:Grupo-dança-odara.jpg|miniatura|dereita|250px|Presentación dun grupo de danza]]
[[Ficheiro:Two_dancers.jpg|miniatura|[[Danza contemporánea]].]]
A '''danza''' é unha arte que consiste en expresarse mediante movementos do corpo ao ritmo da música.<ref>{{DRAG|danza}}</ref> É unha das principais [[artes escénicas]] da [[Idade Antiga|antigüidade]], ao lado do [[teatro]] e da [[música]].
 
É o movemento estático e en desprazamento que sucede no espazo e o tempo que se realiza cunha parte e todo o corpo do executante, con certo compás ou [[ritmo]] como expresión de sentimentos individuais ou de símbolos da cultura e a sociedade. A danza tamén é unha forma de comunicación; úsase a linguaxe non verbal entre os seres humanos onde o [[bailarín]] ou [[bailarina]] expresa sentimentos e emocións a través de xestos e movementos. Realízase maiormente con música, xa sexa unha [[canción]], [[Obra musical|peza musical]] ou tons.
 
Os primeiros en recoñecer a danza como unha arte foron os gregos que lle dedicaron na súa mitoloxía unha musa. ''Terpsícore''. A súa práctica estaba ligada ao culto do deus ''[[Dioniso]]'' e, xunto coa poesía e a música, era elemento indispensable da traxedia grega, onde a [[catarse]] poñía ao individuo en relación cos deuses; aínda que tamén entre os gregos cumpría a danza unha función de comunicación e cohesión social.
 
Dentro da danza existe a [[coreografía]], que é a arte de crear danzas. Á persoa que crea coreografías coñéceselle como [[coreógrafo]]. A danza pódese bailar cun número variado de [[bailarín|bailaríns]], que vai desde solitario, en parella ou grupos; pero o número polo xeral dependerá da danza que se vai a executar e tamén do seu obxectivo, e nalgúns casos máis estruturados, da idea do coreógrafo.
 
== Características ==
107.216

edicións